En Galicia os vimbios, foron moi usados para atar feixes, para facer cestos e mesmo para atar as viñas. Hoxe en día seguen a empregarse sobre todo no atado de cepas, pero tamén aínda que menos na elaboración de cestos.
Queremos seguir todo o proceso dos vimbios, dende a súa plantación ata que estean listos para a elaboración de cestos. Primeiro, logramos que enraizaran varias pólas e agora chegou o momento de plantar. Estamos no tempo indicado para que prendan. Imos ver se conseguimos o noso propósito, aínda que deberemos esperar un tempo para que medren.