HortocolSigu

Sementando castañas...

Estamos traballando as plantas, así que decidimos sementar castañas e ver como agroman e medran ata converterse en pequenas árbores. Ademais, reutilizamos envases baleiros como briks de leite ou botellas de plástico. Agora toca esperar e ver como medran os nosos castiñeiros.

  

Boa colleita, mellor compra

Estes días o noso alumnado estivo no horto recolectando os produtos que alí quedaban do curso pasado e preparando a terra para unha nova colleita. Recolléronse repolos, acelgas, kale, coles de bruselas, cabazas, pementos guindilla...

  

O martes, todos estes produtos puxéronse á venda na entrada do colexio para a comunidade educativa por un módico prezo. Moitas grazas a todos/as pola vosa colaboración.

Máis fotos na Galería de Imaxes

 

DE HORTOCOL A CÁRITAS

Hoxe o alumnado de 6º fixo unha gran labor solidaria. Tiveron a boa idea de donar 50 € que obtiveron coa última venda de produtos da nosa horta a Cáritas. E ao cole acudiu Elena, a administradora de Cáritas en Sigüeiro, para recibir de man dos nenos e nenas o cheque, que aínda que contiña unha pequena cantidade, estaba cargado de ilusión. Tamén estivo presente Bea, a Concelleira de Educación e Benestar Social. Elena falounos das moitas obras que fan dende Cáritas e da moita xente que hai necesitada, incluso nos contou que hai quen ten que durmir no coche por non ter casa.  

 

HORTOCOL

Última colleita do curso 2016 / 2017! Esta tarde, martes día 20 de xuño, a partires das 16:30 teremos á venda os últimos produtos deste curso.

Aproveitade!!!

HORTOCOL SIGU, ACTO DE CLAUSURA NA CORUÑA

E todo ten un fin! Que pronto pasou o tempo! Valeu a pena tanto traballo, agora a recompensa final... Alá imos, á Coruña a presentar a nosa miniempresa, HORTOCOL SIGU. O acto de clausura do proxecto MINIEMPRESAS CORUÑA, tivo lugar no CIFP Ánxel Casal - Monte Alto. 

Pola mañá ben cediño a coller os produtos da nosa horta: repolo, coliflor, romanescu, acelgas, espinacas, kale, leituga, remolacha, cebolas, allos, cenorias, amorodos, chícharos, pementos...

Despois a cargar todo no autobús, que non era tarefa sinxela. O carro que nos prestou a ANPA case non nos cabía no maletero e os canalóns que utilizaramos para plantar leitugas e amorodos tiveron que viaxar no corredor do bus, entre os asientos.

COLLEITANDO CO ALUMNADO DE 5º

O noso horto non para!

Cando os de 6º non poden, aquí estamos os compañeiros e compañeiras de 5º para tomar o relevo. 

E facémolo encantados. 

Estes foron os froitos do noso traballo.

 

 

 

PRESENTACIÓN DA HORTA E LEMBRANZA A CASARES

E chegou o día grande. Por unha banda recoñecemento á nosa horta con todo o traballo que hai detrás, e pola outra, homenaxe a ese home que dedicou gran parte da súa vida a loitar polo galego e pola súa normalización, Carlos Casares.

Para a presentación da nosa horta non podía faltar unha representación do concello, que no seu momento nos traballou a terra, nin da ANPA "A Nosa Escola" que sempre nos brindaron a súa axuda con este proxecto; por suposto tiñan que estar presentes os nenos e nenas que tanto traballaron nela e todo o profesorado. "Hortocol" é unha das miniempresas nacida no noso colexio a raíz do programa da Consellería de Educación "Eduemprende" patrocinado pola Fundación Alcoa. Despois de moito traballo, esforzo, empeño, ilusión... podemos decir que o soño deste proxecto e desta miniempresa do alumnado de sexto está cumprido. Xa se están vendendo os seus productos e empezando a obter beneficios. NORABOA CHICOS E CHICAS DE SEXTO ASÍ COMO ÁS VOSAS PROFES!!!

 

E para homenaxear as Letras Galegas e a Carlos Casares algúns dos nosos alumnos interpretaron con violíns e teclados o himno galego e deuse lectura ao poema "Amemos". Para rematar, o alumnado de sexto representou no salón de actos dúas obras do autor, "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas" e "A Galiña azul". Que ben o fixeron!!!

 

 

NOVA COLLEITA!

Este é o resultado da nosa gran colleita de martes!

Gracias ao traballo do alumnado e tamén á colaboración das familias que participaron na venta pola tarde.

Imos por bo camiño!

Primeira Colleita!

Durante a semana do 24 de abril, puidemos disfrutar recollendo a primeira colleita da nosa horta.

Picando na foto podedes entrar no álbum onde temos máis fotos do noso traballo.

Seguiremos plantando!!!

 

XA TEMOS INVERNADOIRO!

Din as xentes do campo co seu saber "para recoller, antes hai que sembrar", e moito mellor se o facemos con cariño. Así que iso é o que facemos cada día coa axuda de todos e todas os que vos apuntades a participar, e por iso Hortocol non deixa de medrar.

E agora, xa non falta nada, temos ata un espléndico invernadoiro onde cultivar tódolos nosos produtos.

 

 

Dou leria montalo, pero tivemos a sorte de contar coa axuda da  Anpa que fixeron que ata parecera doado.

Graciñas!