DE HORTOCOL A CÁRITAS

Hoxe o alumnado de 6º fixo unha gran labor solidaria. Tiveron a boa idea de donar 50 € que obtiveron coa última venda de produtos da nosa horta a Cáritas. E ao cole acudiu Elena, a administradora de Cáritas en Sigüeiro, para recibir de man dos nenos e nenas o cheque, que aínda que contiña unha pequena cantidade, estaba cargado de ilusión. Tamén estivo presente Bea, a Concelleira de Educación e Benestar Social. Elena falounos das moitas obras que fan dende Cáritas e da moita xente que hai necesitada, incluso nos contou que hai quen ten que durmir no coche por non ter casa.