O xoves 18 e venres 19, o alumnado de 6º de Primaria xunto coas súas titoras participaron na actividade de "Intercambio
cultural" polo Courel e a Ribeira Sacra, dentro do Proxecto Terra. Foron dous día moi aproveitados. O primeiro día, pola
mañá, visitamos os Museos Etnográfico e Xeolóxico de Quiroga, pola tarde o Castro da Torre e rematamos o día cun
roteiro ata aldea de Seceda. O segundo día gozamos do Val das Mouras, da Albariza da Granxa de Santa Eufemia e das
fermosas vistas do Mirador de Campodola. Xa pola tarde fixemos un percorrido en catamarán polos canóns do Sil.
Foi unha aventura moi agradable e interesante, temos que agradecer o bo facer dos monitores Guille e Iván e de Sabela,
coordinadora do Proxecto.
Castro da Torre de Sobredo