3º ciclo

CHARLA DE EVA MEJUTO

 

Esta mañá visitounos Eva Mejuto, autora de "A lavandeira de San Simón", para manter unha charla

co alumnado de 6º de Primaria. Contounos que a  Illa de San Simón foi, durante a Guerra Civil,

cadea e campo de concentración de máis de seis mil homes inocentes. E que  as mulleres 

axudaron, desinteresadamente, a facerlles máis soportable a condena levando comida e roupa limpa

á illa. Neste libro conta a historia dunha destas mulleres e da súa filla, que sufriron a represión

franquista e que loitaron por cambiar ese tempo que lles tocou vivir. Gracias pola túa visita Eva

Mejuto e gracias ao Concello de Oroso  por proporcionarnos estas experiencias.

    

HORTOPATRULLAS

 

O noso alumnado come moita froita, as Hortopatrullas non dan feito a levar tonas ás composteiras, este ano imos ter moi bo compost.

CONCERTO DIDÁCTICO DE ROSA SÁNCHEZ E PABLO CARPINTERO

 

Onte e hoxe o alumnado de 5º e 6º asistiu ao concerto didáctico “Música e evolución” de Rosa

Sánchez e Pablo Carpintero no Auditorio de Galicia.

No concerto explicáronnos as últimas teorías científicas sobre o que é a música e o sentido que tivo

e ten dentro da nosa evolución como especie. Por outra banda, tamén nos falaron do papel esencial

que as mulleres xogaron e xogan na  música tradicional galega. Puidemos ver os  instrumentos 

musicales cos que xogaban os nenos e nenas dende o paleolítico ata os nosos días. E todo

acompañado de boa música.

 

    

                                  

 

 

 

MURAL PAN CON CHOCOLATE

 

Libro rematado, mural acabado. Ata sempre Pan con chocolate

Club de Ciencia

 No día de hoxe comezamos coa elaboración das nosas propias gafas de visión 3D. Non nos dou tempo de rematar, así que na próxima sesión poñerémoslle os "cristais" de cor azul e vermella e comprobaremos se funcionan.

 

                

Club de Ciencia

Hoxe estivemos experimentando cos nosos DISCOS DE NEWTON. Tivemos que facerlle uns pequeniños retoques para que finalmente funcionasen, pero... Conseguímelo!

                

                                   Co movemento, as cores dos nosos discos mezclánse e chegan a simular a cor branca.

 

REMATANDO A NOSA VIAXE!

E xa a piques de rematar a nosa Virtuvolta ao Mundo a secretaria do equipo sela os pasaportes da viaxe.

 

Club de Ciencia

Na tarde de hoxe seguimos traballando as cores. Para iso empregamos as cores do arco da vella (a excepción do añil), para ver o efecto visual ao mezclarse como se fose un ioió.

      

Esta semana non nos dou tempo a probar o noso experimento en condicións, polo que o faremos para a próxima.

Club de ciencia

Na tarde de hoxe estivemos traballando con dous fenómenos suuper guais! A capilaridade  e a cromatografía.

 

Para isto empregamos: un filtro do café, un vasiño de plástico, rotuladores, papel de cociña e un chorriño de auga.

 

Así puidemos comprobar como unha cor está formada por moitas outras.

 

 

          

TERCEIRA SESIÓN CLUB DE LECTURA, GRUPO 1

 

Hoxe tivemos de novo reunión do club de lectura. O último día propuxémonos investigar sobre as mulleres que tiveron que vestirse de homes para facer o que querían : traballar, estudar ou escribir, saíron moitos exemplos. Despois lemos o capítulo "a Befana e a escola" e para rematar fixemos exemplos de binomios fantásticos.