3º ciclo

CHARLA AVANTE

 O alumnado de 5º e 6º de Primaria asistiu a unha charla de sensibilización de AVANTE, Asociación de personas con discapacidade de Val do Dubra. Faláronnos do que é a discapacidade, das actividades e talleres que fan na asociación. No CEIPP de Sigüeiro cremos na inclusión social. Gracias Avante por compartir con nós as vosas experiencias!

 

     

PREMIOS: "ESCRÍBE UNHA CARTA A..."

No día de hoxe fíxose entrega dos galardóns do concurso que organiza o concello de Oroso "Escribe unha carta a...", para promocionar o Camiño Inglés. Este ano o personaxe histórico que peregrinou a Compostela foi Walter de Gray, arcebispo de York, que pasou por Oroso camiño de Santiago no ano 1222, é dicir, hai 800 anos. A gañadora do 1º premio do noso colexio foi Lía Cruz Moreiro exalumna de 5º B  e o 2º premio recaeu en Carmela Pérez Vilar de 6º C. Parabéns para as dúas!!!
  
  
  

TRABALLOS NA HORTA EN SETEMBRO

Comezamos o curso e con el o traballo na horta e no invernadoiro. Recollemos tomates e cabazas, regamos, sacamos as lonas para fresar a horta, plantamos castañas e landras e para rematar sementamos nabizas. Deixámosvos aquí algunhas fotos das actividades feitas en setembro.

 

SAÍDA ÁS ILLAS CÍES

O PASADO VENRES O ALUMNADO DE 5º E 6º GOZOU DUN DÍA MOI ESPECIAL NAS CÍES. UNHAS FOTIÑOS DE MOSTRA.

EMPEZAMOS O TRAXECTO!

NO PORTO DE VIGO ESPERANDO A SUBIR AO BARCO.

 

XA ESTAMOS NO BARCO!

  

CHEGAMOS Á ILLA E MERENDAMOS PARA COLLER FORZAS PARA O ROTEIRO.

EMPEZAMOS O ROTEIRO AO ALTO DO PRÍNCIPE.

XA ESTAMOS NO ALTO DO PRÍNCIPE!

  

  

DESPOIS DE COMER PASEO POLO DIQUE DA "LOGOA DOS NENOS" ATA O CAMPING A COLLER XEADOS.

PARA ACABAR UN POUQUIÑO DE PRAIA, BARCO, MERENDA E DE VOLTA PARA SIGÜEIRO.

PASÁMOLO XENIAL!

O Camiño Inglés: a catedral e a cidade vella de Santiago

Chegamos ao último capítulo desta guía sobre os Camiños de Santiago sen esquecernos da ruta que atravesa o noso concello: O Camiño Inglés. Nesta ocasión, o alumnado de 6º de Primaria foi o encargado de investigar sobre esta ruta e tamén sobre a cidade de Santiago de Compostela, meta de todos os peregrinos.

O Camiño Portugués: Santa Tegra, a Fervenza de Segade e Ponte Sampaio

O alumnado de 5º de Primaria estivo investigando sobre o Camiño Portugués. Isto é o que averiguaron para a nosa guía Camiño do Xacobeo.

 

A nosa lingua é marabillosa, non precisa estranxeirismos

 

Por que dicir selfie, se podemos dicir autorretrato?

Por que dicir password, se podemos dicir contrasinal?

Por que dicir fake, se podemos dicir falso?

Por que dicir tweet, se podemos dicir chío?

Por que dicir hashtag, se podemos dicir cancelo?

 

Os alumnos/as de 6º de Primaria participamos no proxecto eTwinning “Unidos por nuestras lenguas” xunto con outros 40 centros educativos de Primaria e Secundaria de toda España, ademáis de Francia, Turquía e ata a India. O obxectivo do proxecto é poñer en valor todas as linguas e dialectos do noso país a través de diferentes actividades. Unha delas, é investigar sobre o uso dos principais estranxeirismos que se empregan na nosa lingua e propoñer alternativas ao seu uso. 

 

   

 

É certo que, hoxe en día, o Inglés se converteu na Lingua Franca do noso século e que nos abre moitas portas. Pero o seu uso e coñecemento non nos debe facer pensar que é unha lingua superior á nosa. Algo con nome estranxeiro non significa que sexa mellor ou máis moderno. Nós témolo claro, por iso fixemos unha exposición no corredor do colexio con estranxeirismos e as súas alternativas en galego para concienciar aos nosos compañeiros/as. Tamén redactamos unha carta aos medios na que os convidamos a que o día 17 de maio, Día das Letras Galegas, non empregasen estranxeirismos nos seus programas ou xornais e primasen o emprego de palabras propias galegas que veñen significando o mesmo e soan igual de ben, ou aínda mellor!

 

Ese mesmo día, a xornalista Ainhoa Apestegui entrevistábanos sobre a nosa iniciativa para o programa "Hoy por hoy Santiago" da Cadena Ser. Fai clic abaixo para escoitar a entrevista:

 

 

Tamén podes ler a carta que escribimos aos medios aquí:

 

REGUEIFANDO

Por segundo ano participamos no ENREGUEIFATE de CORRELINGUA, foi unha experiencia enriquecedora e divertida. 

Deixámosvos dous videos, un coa nosa regueifa e outro que recolle a regueifa colectiva. E unhas fotos, dos dous grupos de 6º, coa mochila agasallo de Correlingua.

Inmunízate co galego!

Grazas Correlingua!

 

  

 

Pacto Verde Europeo

O alumnado de 5º de Primaria participou nesta iniciativa da Deputación da Coruña para promover o Pacto Verde Europeo entre a sociedade. 

Primeiro achegámonos á proposta da Comisión Europea mediante un Escape Room. Despois gravamos as nosas impresións sobre o mesmo neste video coa axuda da pantalla de chroma. Esta reportaxe forma parte da exposición Estación Verde da Deputación.

Nós témolo claro, e ti?

 

Spanish American party

O mércores 27 de abril realizamos a que sería a nosa última videochamada cos nosos socios americanos do colexio Royal Palm Elementary in Miami. Aínda que estabamos moi contentos co resultado do proxecto Dos Orillas no que aprendemos un montón de cousas sobre a cultura, as tradicións e as linguas do outro lado do Atlántico, tamén estabamos un pouco tristes de que chegara á súa fin. 

 

Despois dunhas palabras de despedida e agradecemento, preparamos uns bailes tradicionais e unha pequena merenda. Nós fixemos unha coreografía country coa música de Cotton Eye Joe e eles bailaron a Macarena. A merenda ao estilo americano consistiu en mini hamburguesas e sandwiches de manteiga de cacahuete e marmelada. Para beber, zume e auga. Pola súa banda, en Miami degustaron un almorzo de leite con cacao, unha tortilla e uns polvoróns. 

 

Álbum: Curso 2021 - 2022 -> Spanish American party