3º ciclo

Reunión informativa 6º

09/09/2020 13:00

O mércores 9 de setembro ás 13h terá lugar unha reunión informativa nas gradas do patio de Primaria na que se falará sobre a organización do novo curso escolar e as medidas de hixiene e seguridade a tomar no centro en relación á situación COVID 19. Para evitar aglomeracións, recomendamos puntualidade e asistencia dun único familiar por neno.

Reunión informativa 5º

09/09/2020 12:00

O mércores 9 de setembro ás 12h terá lugar unha reunión informativa nas gradas do patio de Primaria na que se falará sobre a organización do novo curso escolar e as medidas de hixiene e seguridade a tomar no centro en relación á situación COVID 19. Para evitar aglomeracións, recomendamos puntualidade e asistencia dun único familiar por neno.

Comezo novo curso escolar 5 anos, 4º, 5º e 6º.

11/09/2020 09:45

O CURSO ESCOLAR 2020/2021 DARÁ COMEZO O DÍA 11 DE SETEMBRO, PARA O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL (5 ANOS) E O ALUMNADO DE 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA. 

Lembra:

-  Horas de entrada:

*Durante o período de adaptación, o alumnado de 5 anos deberá seguir o horario indicado polas titoras tanto para as entradas como para as saídas.

  • 9:30: Alumnado non transportado.
  • 9:40: Alumnado de transporte. Mantense o horario habitual nas paradas.  

-  Horas de saída:

  • 14:30: 4º Primaria.
  • 14:35: 5º Primaria.
  • 14:40: Infantil 5 anos.
  • 14:45: 6º Primaria.

-  Saída do comedor:

  • 15:00: Alumnado de Infantil non transportado.
  • 15:30-15:40: Alumnado transportado. Chegada ás paradas no horario habitual.
  • 15:45: Alumnado de Primaria non transportado.

- Durante o mes de setembro, o alumnado de 5 anos poderá entrar ata a porta acompañado por 1 única persoa. 

- Desprazamentos seguindo as frechas e mantendo a distancia de seguridade.

- Uso obrigatorio de máscara (en Infantil é recomendable).

 

- Compromiso de non enviar ao colexio alumnado con sintomatoloxía compatible coa COVID.

Estes marabillosos anos

O alumnado de 6ºA e as súas familias fixéronnos chegar este fermoso video sobre o seu paso polo colexio, dende infantil ata o último curso de Primaria que este ano rematan. Queremos agradecerlles este bonito detalle e desexarlles moita sorte na nova etapa que comezan.

Recollida equipamento E-Dixgal

19/06/2020 10:00
22/06/2020 14:00

Todo o alumnado de 6º debe entregar o equipo no centro.

O alumnado de 5º que queda co equipo na casa durante o verán NON ten que entregar nada agora. Segue tendo efecto o “Acordo de Cesión de uso” asinado.

O alumnado de 5º que NON queda co equipo, debe entregalo no centro.

Quendas de entrega:

Alumnado de 5º A, 5º B e 6ºB; venres 19 de xuño de 10:00 a 14:00.

Alumnado de 6º A; luns 22 de xuño de 10:00 a 14:00.

CHARLA USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

Hoxe tivo lugar a terceira charla no que vai de curso, por parte da Garda Civil, para o alumnado de 5º e 6º de Primaria, dentro do Plan Director para a Convivencia e mellora da seguridade nos Centros Educativos. O tema a desenvolver nesta ocasión foi o emprego das novas tecnoloxías. O alumnado escoitou e interviu, manifestando o seu parecer e consultando dúbidas. Debatíronse cuestións de grande interese: videoxogos e concretamente o fortnite, adición aos mesmos, control do tempo de dedicación, chatear con descoñecidos, colgar imaxes que despois non podemos eliminar.... Falouse de términos coma o sexting, o grooming ou a suplantación da identidade. Moi interesante!

 

FROITA E LEITE NO RECREO!

Coma en cursos pasados, contamos con froita e leite no recreo, grazas á axuda do FOGGA (Fondo de Garantía Agraria) e á Consellería de Medio Rural. Gustanos alimentarnos comendo saudablemente!

  

2ª CHARLA DA GARDA CIVIL, ACOSO ESCOLAR

Hoxe, coincidindo coa celebración da Paz, tivo lugar no cole a segunda das charlas da Garda Civil, para o alumnado de 5º e 6º de Primaria, dentro do Plan Director para a Convivencia e a  mellora da Seguridade nos Centros. A través da interpretación con roles diversos, o alumnado puido achegarse aos sentimentos que pode experimentar alguén acosado. Estiveron reflexionando sobre varios aspectos das súas relacións e sobre o dano que poden causar cando non tratan axeitadamente a algún compañeiro/a. Foi moi interesante.

 

 

 

COMEZAMOS "ENTENDÉNDO-NOS"

Hoxe botou a andar o noso proxecto "Entendéndo-nos" da psicóloga Montse Lata, experta en Mediación, dentro da liña do Contrato Programa Con-Vive. Leváronse a cabo dúas sesións co alumnado de 5º e 6º respectivamente, no salón de actos. Montse fíxonos saber que os conflictos non se poden evitar e debemos aprender a sacar o bo deles. 

Destas sesións tiñan que saír tres nomes de cada grupo, elixidos polos propios compañeiros/as. Estes serían os/as que asistirían ás sesións de formación para ser mediadores. Que características debían de cumprir? Pois entre todos apuntamos varias, queriamos alguén que nos escoitara con atención, que non nos xulgara, que empatizara con nós, que fose positivo, que tivese sentido do humor... 

 

Visitamos a Casa das Ciencias e o Planetario

Hoxe tiñamos programada unha saída moi especial para 5º e 6º de Primaria. Achegámonos ata a Coruña para visitar o primeiro dos museos científicos, a Casa das Ciencias e, como non, o seu planetario.

Na planta baixa recibíanos, coma sempre, o seu inmenso péndulo, para percatarnos do movemento da Terra; e a incubadora de pitiños, na que xusto acababan de nacer dous. Nas seguintes plantas, unha morea de actividades interactivas para aprender e disfrutar coa ciencia.

  

Por último, na planta máis alta, o planetario ofreceunos a "Noite do vampiro" e aprendemos a identificar as estrelas e constelacións que se poden observar un día coma hoxe dende Galicia. Ata puidemos ubicar a recentemente denominada estrela "Rosalía de Castro" co seu planeta "Río Sar".

Álbum: Curso 2019 - 2020 -> Casa das Ciencias e Planetario (5º e 6º)