3º ciclo

REUNIÓN INICIO DE CURSO 5º E 6º DE PRIMARIA

08/10/2019 16:30

martes 8 de outubro, ás 16:30, terá lugar no salón de actos do CEIP Plurilingüe de Sigüeiro unha reunión informativa coas familias do alumnado que cursa 5º e 6º de E. Primaria

Agardámosvos.

ENAPA e-Dixgal

01/10/2019 16:00

martes 1 de outubro, ás 16:00, terá lugar unha charla informativa coas familias do alumnado que cursa 5º de E. Primaria participante no programa e-Dixgal. Asistirá Félix Díaz, asesor abalar de zona. Agardámosvos.

Muiño do Pedroso

Hoxe, o alumnado de 5º e 6º disfrutou da súa excursión de fin de curso. Rutas de sendeirismo, tiro con arco, experimentos científicos e... un montón de xogos no entorno do Muíño do Pedroso en Narón. 

O álbum elixido (aid = 184) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

Unha árbore, unha historia

Onte tamén tivo lugar a entrega de premios do concurso literario de relato curto "Unha árbore, unha historia" no que participaba alumnado de 5º e 6º do noso centro. O acto, promovido pola empresa Vegalsa, tivo lugar nas instalacións do supermercado Familia da nosa vila. Tras unhas palabras dos responsables do proxecto e dos directores dos dous centros educativos de Sigüeiro, procedeuse a coñecer os gañadores en cada categoría. Polo noso colexio, resultaron gañadoras Nerea Barcala de 5ºA e Julia Otero de 6ºA polos seus relatos con árbores como protagonistas. 

Despois, desprazámonos a un terreo contiguo ao supermercado para realizar a plantación de árbores autóctonas. 

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Unha árbore, unha historia (Vegalsa)

Entrega de premios "Atrévete a ter unha idea"

O alumnado de 6º desprazouse ata a Cidade da Cultura en Santiago, onde asistiu á entrega de galardóns do programa "Atrévete" de Eduemprende. Entre os traballos premiados, atopábase o da nosa alumna Marta de 6ºB, que recibiu unha tablet pola súa boa idea de negocio sobre un sistema de rego de plantas aromáticas con material de refugallo que levaba por título "Pingas para aromas".

  

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Entrega de Premios Atrévete

Unha viaxe a través do tempo (Idade Moderna e Contemporánea)

En 5º e 6º de Primaria centráronse nas etapas máis recentes da nosa historia, pero tamén as que máis cambios sufriron e avances permitiron: a Revolución Industrial, a conquista do espacio, os inventos e os avances tecnolóxicos, a ciencia, a cultura...

No corredor xa colga a reproducción dunha das obras de Jackson Pollock, elaborada de xeito colaborativo por todo o alumnado do centro na pasada Feira do Tempo.

 

Carta con premio a Cosme III de Médici

Entre as actividades propostas durante este ano polo Concello de Oroso para continuar a promocionar o Camiño Inglés, convocouse a 3ª edición do concurso escolar sobre o Camiño Inglés, no que se convidaba ó alumnado de 5º e 6º de educación primaria dos centros educativos do Concello, a escribirlle unha carta ás personaxes destacadas que percorreron a ruta ó longo dos séculos.

Neste curso a carta do alumnado ía dirixida ó herdeiro do ducado da Toscana, Cosme III de Médici, o que precisaba dotes de investigación para empaparse da personaxe antes de afiar o lapis e dotar a misiva de expresividade e emoción.

Isto foi o que fixeron as alumnas Xiana Rodríguez  (6º B) e Noa Ratón (6ºA) acadando o 1º e 2º premio respectivamente, e que recibiron onte na VI Gala da Cultura no Centro Sociocultural "Fernando Casas e Novoa" da man do concelleiro Eduardo Veiras.

Parabéns ás dúas.

Tramo do Camiño

Hoxe os alumnos/as de 5º e 6º desprazámonos ata a Sionlla para realizar dende alí o último tramo do Camiño InglésÁ chegada ao Obradoiro, puidemos entrar no museo da catedral e visitamos o recén restaurado Pórtico da Gloria. Que fermoso! 

 

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Tramo do camiño

Taller Maker para 5º e 6º

Onte e hoxe os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria recibimos a visita de Amador, un mestre xubilado con moita enerxía, pero sobre todo un "maker" dos pés á cabeza.

Con moi pouco, él é capaz de facer moito. E esta filosofía de reciclar o que xa non usamos e darlle unha nova vida, é a que transmitiu ao noso alumnado. Case todos os electrodomésticos que temos na casa teñen un pequeno motor que podemos reutilizar para facer unha chea de cousas. 

Nós fixemos unha tira de luces led de cores que acendían ao xirar e tamén convertemos un pequeno cepillo nun coche en movemento. Incrible, verdade? 

Pois as nosas cabezas xa se contaxiaron da imaxinación de Amador e xa estamos argallando novos trebellos. Gracias por visitarnos e ensinarnos tantas cousas!

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Taller maker con Amador

Visita de Héctor Cajaraville

Comezamos a Semana das Letras coa visita de Héctor Cajaraville ao alumnado de 6º de Primaria. Falounos do seu libro Kusuma, respondeu a todas as nosas preguntas e asinou os nosos exemplares.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Héctor Cajaraville