3º ciclo

1ª CHARLA DA GARDA CIVIL

O venres 22 de novembro, tivo lugar no salón de actos do noso centro a primeira das catro charlas que nos ofrecerá a Garda Civil, para o alumnado de 5º e 6º, dentro do "Plan Director para a Convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus entornos". Neste caso, a temática xirou arredor da violencia de xénero. A educación é unha ferramenta fundamental para a eliminación da violencia contra as mulleres. Falouse de cuestións tan importantes como o respecto, a tolerancia, a confianza ... e comprendemos que mozos e mozas somos iguais e temos os mesmos dereitos.

  

Día Mundial da Diabetes (DMD)

Hoxe, 14 de novembro, conmemórase o Día Mundial da Diabetes. A data escolleuse porque é o aniversario de Frederick Grant quen, xunto con Charles Best, descubriu a insulina en outubro de 1921.

No noso centro, non quixemos deixar pasar a ocasión sen tratar este tema co alumnado e profesorado de 5º e 6º de Primaria. Así que asistimos a unha pequena representación e unha charla por parte da Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia (Anedia) no salón de actos. Coñecemos a historia de Martiña e puxemos en práctica o aprendido en diferentes situacións da vida cotiá. Deste xeito, concienciámonos na importancia da integración dos nenos/as con diabetes.

Álbum: Curso 2019 - 2020 -> Anedia, charla sobre diabetes

Os nosos robots van a... Luar!!!

O pasado venres, 8 dos nosos mBots xunto con cadanseu programador acudiron ao programa Luar da TVG para bailar en directo a "Muiñeira dos Nenos" que nós rebautizamos como a "Muiñeira dos robots" e que se fixo merecedora hai uns días do Selo de Calidade Europeo da plataforma eTwinning.


Tralos ensaios de rigor e a preparación dos robots no camerino, tocou saír ao escenario para a nosa actuación. Gayoso interesouse polo noso proxecto e preguntounos como xurdira a idea e canto tempo nos levou levala a cabo. Despois comezaba a nosa actuación que podedes ver picando sobre o vídeo.

Poder ver como se fai un programa destas dimensións en directo, estar no noso propio camerino ao lado de artistas famosos, os ensaios previos co equipo de realización e rexedores e, sobre todo, o cariño co que nos trataron a alumnado, familias e profesorado... fixo que esta experiencia fose incrible e irrepetible.

Álbum: Curso 2019 - 2020 -> Imos a Luar

O noso proxecto Voz Natura na radio

O pasado 18 de outubro, a locutora de Radio Voz Eva Millán entrevistaba ao noso alumnado e profesorado acerca do proxecto Voz Natura que desenvolvemos no noso centro e máis concretamente sobre a nosa horta para o seu programa "Voces de Galicia". Podédelo escoitar aquí. Parabéns polo voso traballo!!!

Recoñecementos para o noso proxecto eTwinning de robótica

Se hai pouco nos concedían un recoñecemento a nivel nacional polo proxecto eTwinning "Robot European Dance" levado a cabo o curso pasado en 4º de Primaria, agora a prestixiosa plataforma galardóanos co Selo de Calidade Europeo e felicita ao alumnado, profesorado e centro polo excelente traballo realizado. Parabéns!

Así mesmo, o pasado sábado 19 de outubro, unha representación de alumnos/as e profesores acudía á EGAP (Escola Galega de Administración Pública) para presentar o seu traballo ante docentes de toda Galicia e mesmo ante a Conselleira de Educación. Aquí podedes ver a súa presentación Rachando fronteiras, imos a +

 

E tamén tedes algunha foto da xornada no seguinte álbum:

Álbum: Curso 2019 - 2020 -> Rachando fronteiras, imos a +

"Troya" Saída de 5º e 6º

Na xornada de hoxe o alumnado de 5º e 6º de Primaria desprazouse ata o teatro da Fundación Abanca para asistir ao espectáculo teatral "Troya" sobre os fraudes tecnolóxicos e os timos a través dos dispositivos móviles e a internet.

  

 

Exposición ARGALLAR - 5º e 6º de Primaria

Hoxe, martes 22 de outubro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria desprazouse ata a Cidade da Cultura en Santiago de Compostela para visitar a exposición "ARGALLAR" que xa visitaran antes máis compañeiros/as do cole.

 

 

Alí, a través do xogo, exploraron diferentes materiais e como aplicalos á arquitectura mediante a construcción e deconstrucción. Máis fotos no seguinte álbum:

Álbum: Curso 2019 - 2020 -> Saída Argallar 5º e 6º Primaria

Xornadas Internacionaliza a túa escola: Erasmus+, E-Twinning e outras propostas

19/10/2019 19:19

O CEIP Plurilingüe de Sigüeiro participará mañá, sábado 19 de outubro, nas Xornadas Internacionaliza a túa escola: Erasmus+, Etwinning e outras propostas que se celebran na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela.

Tamara Carreira e os alumnos Roque Pérez e María Colinas presentarán o proxecto "Robot European Dance" recoñecido co selo de calidade nacional que levaron a cabo o curso pasado xunto con outros centros, así como outras propostas e actividades para facer do noso centro un cole internacional.

English Week

08/12/2019 19:00
14/12/2019 10:00

O noso centro resultou seleccionado para participar nas actividades de inmersión en lingua inglesa "English Week" que oferta a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para 6º de Primaria. Estade atentos/as ao noso twitter, onde publicaremos algunha foto.

Día Europeo das Linguas

O 26 de setembro conmemórase o Día Europeo das Linguas e na área de Lingua Inglesa non quixemos desaproveitar a ocasión para reflexionar sobre as linguas que nos rodean, o valor que supón poder falar máis dunha e familiarizarnos cos países, bandeiras, capitais e linguas do noso continente. 

Así, por equipos, investigamos sobre un país europeo e coa información obtida elaboramos un glosario común na aula virtual onde poder consultar toda a información recollida polos compañeiros/as e tamén decoramos un mural co mapa de Europa que expuxemos no corredor.

Non sabíamos que en Europa se falaban tantas linguas!!! E vós, sabedes cantas linguas se falan en Europa?