3º ciclo
Charla da Garda Civil sobre ciberseguridade
Sabedes que é o "sexting", como usar as RRSS (redes sociais) con seguridade ou os perigos de internet? O alumnado de 5º e 6º de Primaria xa o sabe grazas á charla do Plan Director para a mellora da Convivencia nos Centros Escolares e os seus entornos da Garda Civil que hoxe impartiron no noso centro.
Fíxonos reflexionar acerca do número de seguidores das RRSS que non coñecemos persoalmente e cos que estamos compartindo imaxes ou informacións que poden poñernos en perigo a nós mesmos e tamén ás nosas familias. Pareceunos unha charla moi interesante e productiva.
DÍA DA PAZ
Para conmemorar o Día da Paz, os 5º animáronse a representar o que é a paz para eles... este é o resultado.
RESERVA DE PRAZA 22/23
En relación á matrícula do alumnado para o vindeiro curso 2022/23 informámolos de que se abreu o prazo para solicitar praza en centros adscritos. Polo tanto todos aqueles alumnos/as de 6º de Primaria que teñan intención de facer a ESO no IES de Oroso, deberán presentar no noso colexio o documento de reserva de praza (Anexo I) entre o 11 de xaneiro e o 8 de febreiro ou ben cumprimentalo directamente na aplicación admisionalumnado.
En canto ao alumnado que desexe ir a outro centro, así como os/as que se escolarizan por primeira vez, informarémolos no seu momento dos requisitos a seguir.
Charla Garda Civil
Hoxe, xoves 2 de decembro, tivo lugar no salón de actos do noso centro unha charla que nos ofreceu a Garda Civil, para o alumnado de 5º e 6º, dentro do "Plan Director para a Convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus entornos". Neste caso, a temática xirou arredor da violencia de xénero. A educación é unha ferramenta fundamental para a eliminación da violencia contra as mulleres. Falouse de cuestións tan importantes como o respecto, a tolerancia, a confianza ... e comprendemos que mozos e mozas somos iguais e temos os mesmos dereitos.
Thanksgiving Day
O terceiro xoves do mes de novembro celébrase o Día de Acción de Gracias en EEUU. Maggie, a nosa auxiliar americana, contounos como celebran ela e a súa familia esta importante data. Despois, xogamos e competimos entre nós cun kahoot de preguntas sobre esta celebración. Foi moi divertido!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »