No día de hoxe fíxose entrega dos galardóns do concurso que organiza o concello de Oroso "Escribe unha carta a...", para promocionar o Camiño Inglés. Este ano o personaxe histórico que peregrinou a Compostela foi Walter de Gray, arcebispo de York, que pasou por Oroso camiño de Santiago no ano 1222, é dicir, hai 800 anos. A gañadora do 1º premio do noso colexio foi Lía Cruz Moreiro exalumna de 5º B e o 2º premio recaeu en Carmela Pérez Vilar de 6º C. Parabéns para as dúas!!!