3º ciclo

Connecting with... Miami

Este curso retomamos o proxecto de intercambio virtual "Dos Orillas" co colexio Royal Palm Elementary School de Miami, en Florida, ao sureste dos Estados Unidos. Comezamos gravando e intercambiando uns videos de presentación e, esta semana, o alumnado de 5ºA realizou a primeira videoconferencia. 

Ás 2 en punto hora española (ou, o que é o mesmo, ás 8 da mañá en Miami) conectámonos por Zoom e coñecemos a Miss Alicia Ulloa, mestra de español en Estados Unidos, e aos seus alumnos de 4º e 5º grado. Para eles era a primeira clase da mañá, mentres que para nós era a última antes de ir xantar e/ou marchar para a casa.

Despois do saúdo e benvida das directoras de ambos centros, reproducimos algúns dos videos de presentación. Chamounos a atención que moitos dos rapaces norteamericanos tiñan orixe hispana. 

 

 

A continuación, compartimos unha presentación con imaxes e videos das celebracións de outono nos dous centros (a Hispanidade e o Halloween en Miami e o Samaín e o Magosto en Galicia). 

Encantounos ver como é unha clase en Estados Unidos, ensinarlles a nosa clase e, sobre todo, falar con eles polo micrófono e polo chat.

WOMBO COMBO

Hoxe o alumnado de 3º Ciclo asistiu a representación da obra Wombo Combo no Auditorio do Centro Cultural de Sigüeiro invitados polo concello. Nesta peza reflexiónase sobre a vida virtual e a sociedade na adolescenciaA súa protagonista, Sara, ten a sensación de que podería  desaparecer e ningúen se decataría. Ten outra vida na que xoga en liña con ducias de persoas e na que cada vez pasa máis tempo. Deixa de falar, de comer, de durmir... ata que entra nun videoxogo que lle propón retos que debe cumprir na vida real. Paula Carballeira, referente do teatro infantil en galego, é a autora do texto creado para a compañía Galeatro. 

   

 

 

SESIÓN 3 CLUB LECTURA E TEATRO

Novas sesións do club de lectura e teatro de 4º,5º e 6º.

   

  

DE VOLTA NA HORTA!

O primeiro día que fomos ao invernadoiro, sorpresa! había un montón de tomatiños, un cesta chea! Pero as sorpresas non acabaron aí, tamén recollemos as cebolas da horta. Toda unha festa. Xa animados puxémonos a limpar os bancais.

A seguinte semana limpamos as camelias e ao rematar xogamos un pouquiño para celebralo.

Esta semana plantamos leitugas e sementamos nabizas. Gran traballo o destas rapazas e rapaces de 5º A e B.

 

              

    

COMEZAN AS HORTOPATRULLAS

 

Xa están preparadas as Hortopatrullas de 5º e 6º para coidar o noso cole. As súas tarefas son: apagar luces e pantallas; cerrar portas,

ventás e villas; concienciar aos compañeiros para que separen o lixo para botalo no colector axeitado e por último levar as tonas as

composteiras.

  

EDIXGAL CURSO 2023/24.

Información para as familias de 5º de E.P.

 O CEIPP de Sigüeiro forma parte da rede de centros E-Dixgal de Galicia desde o curso 2018 -19.

Este proxecto desenvólvese dentro da Estratexia EDUDIXITAL 2020 que pretende garantir o acceso de todo o alumnado as ferramentas tecnolóxicas precisas para o desenvolvemento efectivo da Competencia Dixital favorecendo a adquisición das habilidades e destrezas que demanda a sociedade actual.

Para isto é imprescindible que todo o alumnado conte cun equipo que garanta a igualdade no acceso e participación no mesmo. A Consellería “CEDE” o uso dun equipo para cada alumno/a durante o tempo de permanencia en aulas Edixgal (no caso de E. Primaria nos niveis de 5º e 6º). 

Neste curso 2023 - 2024 comezamos cunha nova promoción Edixgal coa incorporación do alumnado de 5º de Ed. Primaria. Podedes consultar toda a información para as familias na seguinte ligazón https://espazoabalar.edu.xunta.gal/e-dixgal/informacion-para-familias

Ou descargando o folleto informativo

 

En breve teremos unha reunión informativa para que coñezades o funcionamento do proxecto.

Engadimos o enlace con información sobre ó seguro particular. 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO ÁS ILLAS ONS

 Este martes, 19 de xuño, tivemos unha xornada de convivencia de alumnado e profesorado de 5º e 6º  visitando as Illas

Ons.  

Comezamos coa viaxe en bus ata Bueu, alí collemos o catamarán ás Ons

  

 

Chegamos a Ons!

 

 

Comezamos o roteiro, visita ao Faro

  

Rematamos roteiro, xantamos, xogos, praia e volvemos para a casa.

 

CHARLA MEDIO AMBIENTE - PLAN DIRECTOR

Hoxe celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente e no cole, o alumnado de 5º e 6º, asistimos a unha charla na que aprendemos moito e sobre todo reflexionamos sobre moitas das nosas accións que poden prexudicar ou beneficiar o noso entorno. Foi impartida por un Garda Civil dentro do programa Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos centros educativos. Que importantes somos as persoas para a protección do medio ambiente!

VÍDEO REGUEIFANDO 2023

Deixámosvos o vídeo coa nosa participación no Regueifando 2023. Como veredes comezamos a

Regueifa. 

 

INTERCAMBIO TERRITORIAL COUREL/RIBEIRA SACRA

O xoves 18 e venres 19, o alumnado de 6º de Primaria xunto coas súas titoras participaron na actividade de "Intercambio

cultural"  polo Courel e a Ribeira Sacra, dentro do Proxecto Terra. Foron dous día moi aproveitados. O primeiro día, pola

mañá, visitamos os Museos Etnográfico e Xeolóxico de Quiroga, pola tarde o Castro da Torre e rematamos o día cun

roteiro ata aldea de Seceda. O segundo día gozamos do Val das Mouras, da Albariza da Granxa de Santa Eufemia e das

fermosas vistas do Mirador de Campodola. Xa pola tarde fixemos un percorrido en catamarán polos canóns do Sil.

Foi unha aventura moi agradable e interesante, temos que agradecer o bo facer dos monitores Guille e Iván e de Sabela,

coordinadora do Proxecto.

 Castro da Torre de Sobredo