Esta semana estivemos con diferentes retos, que ben o pasamos!
O 1º consistiu en descubrir que ovos estaban cocidos e cales crudos sen cascalos. Os experimentos que fixemos foron:
- metelos en auga, o que flotara estaba crudo e o cocido iríase ao fondo da xerra. Non logramos identificalos porque ningún flotou.
- despois pensamos en facelos rodar e logramos descubrir que os crudos rodaban, sen embargo os cocidos case non rodaban nadiña.
Os seguintes retos soamente os puxemos en marcha, para a seguinte semana ensinámosvos que fixemos.