Comprendendo... a operación de MULTIPLICAR. Para iso, observamos e descubrimos propiedades da mesma (commutativa e asociativa)... Utilizamos LACASITOS! Que guay!
Comprendendo... a operación de MULTIPLICAR. Para iso, observamos e descubrimos propiedades da mesma (commutativa e asociativa)... Utilizamos LACASITOS! Que guay!
Esta semana comezamos o Programa CookMat. Resultounos moi divertido, estamos aprendendo matemáticas pero... parece que estamos xogando!. Estivemos mesturando as mates coa maxia. Chegamos á conclusión de que a maxia non existe.... Simplemente con dados, deducindo regularidades matemáticas, facendo uso da Aritmética...! Iso é Maxia!
O mércores 25 de maio recibimos a visita dos compañeiros/as do CRA de Oroso que o próximo curso se unirán ás nosas aulas. Primeiramente realizouse unha recepción dos 8 alumnos/as e as súas familias no salón de actos e quen mellor que antigos alumnos/as do CRA para contarlles a súa experiencia no noso cole.
A continuación, actuación sorpresa do alumnado de 6º de Primaria, que representaron a obra "O restaurante Farruco".
Despois fixemos unha visita polo centro para que os novos alumnos/as e as súas familias coñezan as nosas instalacións: aulas, biblioteca, comedor, patio, orientación, administración... E antes de saír ao recreo co alumnado de 2º de Primaria, unha saborosísima merenda no comedor.
Por último, para rematar a xornada, o alumnado de 3º deleitounos cun canto e baile tradicional mentres que o de 4º tíñanos preparada outra pequena obra de teatro: "O lobo vello e as sete cabuxiñas espelidas".
Foi un gran día. Agardamos que o disfrutarades tanto coma nós e poder compartir moitas máis actividades o vindeiro curso!
Continuamos a nosa guía sobre os Camiños de Santiago coa única ruta que, en vez de finalizar en Compostela, parte desta cidade. Por suposto estamos a falar do Camiño de Fisterra. Os alumnos/as de 3º de Primaria investigaron dous faros que podemos atopar nesta ruta. Sabedes cales son? Facede clic nas imaxes para descubrilos:
Hoxe o alumnado de 4º de Primaria participou nun obradoiro sobre a Unión Europea organizado por Europe Direct A Coruña, centro de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña. O taller consistiu nunha serie de preguntas e xogos sobre os países da UE, as súas bandeiras e a súa ubicación no mapa. Esta iniciativa enmárcase dentro da celebración do Día de Europa o vindeiro 9 de maio.
O martes 14 de setembro ás 16:30h terá lugar no Salón de Actos unha reunión informativa para as familias do alumnado de 3º de Primaria na que se falará sobre a organización do novo curso escolar. Para evitar aglomeracións, recomendamos puntualidade e asistencia dun único familiar por neno/a.
O martes 14 de setembro ás 18h terá lugar no Salón de Actos unha reunión informativa para as familias do alumnado de 4º de Primaria na que se falará sobre a organización do novo curso escolar. Para evitar aglomeracións, recomendamos puntualidade e asistencia dun único familiar por neno/a.
O pasado 6 de xuño celebrouse o Campeonato Galego de Tenis de Mesa e tres alumnos/as do noso centro resultaron clasificados na categoría prebenxamín: Sasha Malov (3ºA) obteu o 1º posto, Rui Pérez (3ºB) o 3º lugar (3ºB) e Iago Viqueira (3ºB) en 5ª posición. Parabéns aos tres!
Pero a cousa non queda aí. O 27 de xuño celebrouse en Antequera o Campeonato de España e o 3 e 4 de xullo a Reactif Internacional Youth Open Uljap Roncq en Francia. E sabedes quen logrou a medalla de ouro en ámbalas dúas competicións? Pois o noso alumno Sasha Malov a quen felicitamos novamente dende o centro. Parabéns campión!
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
CEIP de Sigüeiro - Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, 2016 |