2º ciclo

XORNADA DE CONVIVENCIA CRA DE OROSO

Hoxe recibimos no colexio a familias e alumnado do CRA de Oroso, que se incorporarán ao centro no vindeiro curso. Foi unha xornada moi agarimosa. Primeiro tivo lugar unha recepción no salón de actos, alí alumnado noso de 4º de Primaria, que tamén viñeron no seu momento do CRA, puideron trasladarlle a súa experiencia no cambio de centro. Por outra banda alumnado de 6º de Primaria agasallounos cun par de representacións, estiveron xenial! Xa despois visitamos algunha aula, a biblioteca... e no comedor esperábanos unha merendiña. Nada máis e nada menos que pizza e unha copa de chocolate!!! Por último visitamos os patios, onde descubrimos que había un montón de nenos e nenas no recreo. E para rematar volta para as nosas casas cunha bolsiña que nos deron cun zume e magdalenas.    

   

MURAL REMATADO!

Xa temos o mural listo cunha fermosa paisaxe na que figuran as once parroquias do concello de Oroso, ademais de Vilacide e Porto Avieira, os seus cinco ríos máis importantes e as altitudes máis salientables entre as que destaca o monte do Petón con 375 m. na parroquia de Senra. Nos vindeiros días este muro serviranos para montar un Rocódromo, no que poidan escalar todos os nenos, beneficiándose así das múltiples capacidades físicas e psíquicas que aporta.

  

 

ROSCO Ó RESCATE

O alumnado de 3º e 4º celebramos o Día do medio ambiente con Rosco, co que aprendemos un montón de boas prácticas para protexer a natureza, grazas á Casa Grande de Xanceda.

Deunos consellos tan bos coma: levar unha bolsa de tea á compra, recoller o lixo cando saiamos de paseo pola natureza, apagar as luces cando non son precisas, pechar a billa mentres lavamos os dentes, plantar unha árbore, reciclar... Ah! e ensináronnos un precioso robot feito con material de refugallo, basicamente con latas de conservas. E ademais, agasalláronnos cun lapis moi especial que... Contiña sementes!!!

 

 

OBRADOIRO DE XELA

Hoxe tivo lugar outra das actividades para conmemorar a figura de Xela Arias. Esta vez foi o alumnado de 4º o partícipe dun obradoiro sobre Xela, que nos ofreceu a Asociación de escritores en Lingua Galega con Andrea como guía. Achegámonos á Xela Nai a través do seu libro "Dario a diario" e soubemos que a súa poesía se caracteriza polo verso libre. Nada mellor que levalo á práctica para descubrir de que se trata, e en nada, convertímonos en poetas. Tivemos que traer ao colexio unha fotografía con alguén da nosa familia a quen lle escribimos un poema. Fixemos unhas composicións xeniais!!!

  

  

SABER O MAR

Hoxe, disfrutamos dun obradoiro que nos transportou ao MAR. Dende a Sala do Mar do Museo do Pobo Galego, chéganos ao centro un educador cunha maleta chea de elementos mariñeiros. E non só iso, ademais puidemos conectarnos en directo coa mesma Sala do Mar do Museo. Foi moi divertido!

      

A HORTA É SAUDABLE

En 3º de Educación Primaria móstrannos a importancia do toxo que antigamente se empregaba para abonar as terras, a través do poema “ As froliñas dos toxos “ de Noriega Varela.

3º Educación Primaria 

 

En 4º de Educación Primaria explícannos que os recursos da horta son moi saudables co poema “ Labrego” de Manuel María.

 

4º Educación Primaria

Reunión informativa 4º

08/09/2020 13:00

O martes 8 de setembro ás 13h terá lugar unha reunión informativa nas gradas do patio de Primaria na que se falará sobre a organización do novo curso escolar e as medidas de hixiene e seguridade a tomar no centro en relación á situación COVID 19. Para evitar aglomeracións, recomendamos puntualidade e asistencia dun único familiar por neno.

Reunión informativa 3º

07/09/2020 13:00

O luns 7 de setembro ás 13h terá lugar unha reunión informativa nas gradas do patio de Primaria na que se falará sobre a organización do novo curso escolar e as medidas de hixiene e seguridade a tomar no centro en relación á situación COVID 19. Para evitar aglomeracións, recomendamos puntualidade e asistencia dun único familiar por neno.

ROSCO Ó RESCATE

Rosco ó Rescate é un proxecto educativo no que dende CASA GRANDE DE XANCEDA visitan os centros de primaria de Galicia para fomentar valores de coidado do medio ambiente e da biodiversidade.

Como nestes momentos non é posible, decidiron gravar esta formación para que todos os nenos e as nenas poidan desfrutala igualmente.

Premede na LIGAZÓN para acceder a ela!

ACTIVIDADES MUSICAIS

SMILE AND LEARN INSTRUMENTOS MUSICALES PARA NIÑOS.

EDUC@CONTIC: XOGOS MUSICAIS DE VOCES, INSTRUMENTOS, TEMPOS, AUDITIVOS,LINGUAXE MUSICAL, AHORCADOS....

KARAOKES ON LINE. 

MÚSICA RELAXANTE DE VANGELIS, ENYA, MIKE OLFIELD,GWENDAL...