2º ciclo

Rubicundo

Hoxe o alumnado de 3º de Primaria, asistiu á representación teatral "Rubicundo" no teatro da Fundación Abanca de Santiago de Compostela. Unha historia sobre a amizade, a constancia e a poesía que nos fai perseguir os nosos soños.

Máis fotos en Galería de Imaxes

 

Saída Exposición e Teatro

Este venres, 3 de novembro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria desprazámonos a Santiago para asistir a unha exposición de arte e a unha obra de teatro na Fundación e no Auditorio A Banca.

Na exposición, aprendemos que a arte se manifesta de moitas formas diferentes, que coa aparición da fotografía a arte comezou a explorar o abstracto, que moitas obras que a primeira vista semellan abstractas en realidade non o son ou o que nos transmiten as diferentes cores dunha obra. Tras recorrer as súas salas e observar cadros de diferentes pintores, chegou o momento de converternos en artistas e compoñer poemas visuais con imaxes do día a día.

 

 

Máis tarde desprazariamonos ao Auditorio, onde asistiriamos a representación dunha obra de teatro na que o seu protagonista, Teo, nos ensinou como afrontar os problemas do día a día grazas aos mitos gregos de Teseo e o minotauro, Narciso e o seu reflexo, as aventuras de Hércules ou as ás de Ícaro. Pero o que máis nos gustou foi cando os actores se converteron en rapeiros e cantaron arrancando os aplausos de todos nós.

Foi moi divertido! Máis fotos na Galería de Imaxes.

Saída ao Auditorio de Galicia

O alumnado de 3º e 4º fixemos unha saída ao Auditorio de Galicia para deleitarnos coa ópera de Guillermo Tell.


 

A obra foi moi divertida, o escenario e decorados metíannos de cheo no lugar, vestiario da época, xogos de luces... Foi unha experiencia moi enriquecedora. Gracias profe Begoña, foi xenial!

Máis fotos na Galería de Imaxes.

Reunión coas familias do alumnado do 3º e 4º de E. Primaria

17/10/2017 16:30

martes 17 de outubro, ás 16:30, terá lugar no salón de actos do CEIP de Sigüeiro unha reunión informativa coas familias do alumnado que cursa 3º e 4º de E. Primaria. Agardámosvos.

SAÍDA FIN DE CURSO 3º E 4º DE PRIMARIA

Este mércores, 7 de xuño, os alumnos e alumnas de 3º e 4º curso de primaria visitaron o Galipark, en Padrón. Fixeron escalada, tiro con arco, lasertag, un circuíto de altura, deslizáronse por unha rampla de auga, refrescáronse na piscina e ata tiveron tempo de lanzarse por unha tirolina de 200 metros de lonxitude!!!

Picade na foto se queredes ver máis, iremos subíndoas todas ó longo da semana!

ALMORZO CON BEIZOS BRANCOS

Grazas á Obra Social "la Caixa" e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, levouse a cabo no colexio a actividade "Almorzo con beizos brancos" para o alumnado de 4º de Primaria, participante no proxecto Cookmat. Os obxectivos son sensibilizar aos nenos/as sobre a importancia que ten almorzar todos os días dunha maneira completa e saudable así como dar a coñecer o sistema productivo do leite. Contou cunha parte teórica e unha práctica na que todos/as degustaron dúas mandarinas, un vaso de leite enteiro con cacao puro e pan galego con aceite de oliva. Hmmm! Canto lles gustou!

CAN DE PALLEIRO

Este luns 18 de xaneiro os nenos e nenas de 3º e 4º curso de primaria do CEIP de Sigüeiro visitamos o centro sociocultural da vila para asistir a unha charla sobre o Can de Palleiro!

Aprendemos moitas cousas sobres os cans en xeral e ata tivemos unha demostración de habilidades a cargo de Loira e Iago! Moitas grazas ó Club Raza Can de Palleiro!

Pica se queres ver máis fotos...

VISITA AO MUSEO DE CIENCIAS NATURAIS

Este venres 16 de decembro as nenas e nenos de 3º curso de primaria visitamos o museo das ciencias naturais, en Santiago de Compostela. Estivo xenial!!!

Aquí tedes algunhas das fotos da xornada!

VISITA AO MUNCYT "Museo de Ciencia e Tecnoloxía"

O venres as clases de primeiro e segundo realizamos a nosa primeira excursión deste curso!!!!!! Fomos ao Museo de Ciencia e Tecnoloxia da coruña. E ... o mércores, 14 de decembro, fomos os de cuarto. Alí aprendemos moitas cousas. Ah! estivemos dentro do avión BOEING 747 que é o JUMBO. Realizou o seu primeiro voo no ano 1970 e foi o avión máis grande de pasaxeiros durante tres décadas. Alí está un cachiño moi pequeniño deste avión e correspóndese coa dos viaxeiros de primeira. Que amplios asentos! E ata tiñan tele!. Tamén puidemos ver a cabina dos pilotos. Algo sorprendente foi descubrir que para fabricar avións empréganse materiais moi lixeiros como o cartón. Si, o chan dos avións pode ser de cartón e nos puidemos comprobar como non era posible rompelo, nin se aplastaba. Estaba disposto en exágonos seguindo o modelo dos panales das abellas e así convírtese nun material moi resistente e segue sendo moi lixeiro.