2º ciclo

Os de 4º van de excursión a Ourense

O alumnado de 4º fixo unha saída á cidade de Ourense. Primeiro visitamos o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, no que realizamos un obradoiro moi interesante sobre arqueoloxía e os achádegos que no propio castro se atoparon. Tamén vimos e imaxinamos como eran as grandes cidades da prehistoria durante a visita ao castro.

 

Despois de xantar, partimos cara a cidade para visitar a Ourense termal. O tren turístico achegounos ás termas de Outariz onde apreciamos a calidez das súas augas. E xa para rematar, merendamos á beira do río miño para partir de volta á casa.

 

A pesar da chuvia, foi un día xenial! Máis fotos no seguinte álbum:

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Excursión a Ourense

Donkey Xote

O alumnado de 4º desprazouse ata a Fundación SGAE para asistir á reproducción da longometraxe Donkey Xote. 

Máis fotos no seguinte álbum:

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Donkey Xote

Robobos

Primeiro foron os beebots, despois os mbots e agora os robobos. A familia de robots do CEIP de Sigüeiro segue medrando e con elas as actividades e os retos por resolver. Nesta ocasión tocoulle ao alumnado de 2º e 3º de Primaria (tamén pasarán os de 1º) que se inician na robótica grazas á liña "Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia" dos Contratos-Programa. Coa axuda de Fran Bellas, profesor da Universidade da Coruña, e tamén de alumnado da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, conseguiron levar a cabo retos cos robobos nos que tiveron que medir ángulos, calcular distancias, facer xiros... Impresionante, verdade? 

 

Máis fotos no seguinte álbum:

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Robótica (E. Primaria)

As abellas e o mel

Hoxe estivo con nós Beatriz, do Consello Regulador do Mel de Galicia. Estívolle falando aos nenos e nenas sobre as abellas, as colmeas e o mel. Ao final, ata nos agasallou cun botiño de mel e un globo. Que interesante!

  

Moitas grazas por vir ao CEIP de Sigüeiro e contarnos todas estas cousas.

Máis fotos no seguinte álbum:

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Charla: As abellas e o mel

O labirinto do Minotauro

Os alumnos/as de 4º crearon uns labirintos moi orixinais usando diferentes materiais. Neles agóchase o tan temido Minotauro. Logrará o valente Teseo saír do labirinto coa axuda do novelo de fío que lle dou Ariadna? Podedes comprobar este dato e moitos máis na seguinte actividade.

   

Teatro "O conto da Azuzaina"

Hoxe o alumnado de 4º asistiu á representación teatral "O conto da Azuzaina" da compañía Limiar no Teatro Principal. Todas as fotos no seguinte álbum:

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Teatro "O conto da Azuzaina"

Plantamos chícharos

Posto que non podemos saír ao horto, hoxe os nenos e nenas de 3º decidimos plantar chícharos na clase. Para isto reutilizamos os envases das leitugas.


Enchemos os envase de terra...

 

Puxemos un chícharo en cada un...

Cubrimos con máis terra e regamos.

 

Agora só queda agardar a que medren!

 

Concerto didáctico: Hipo e Gavante

O pasado venres, o alumnado de 3º de Primaria desprazouse ata o Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. Alí, asistirían á narración do conto "La historia extravagante de Hipo y Gavante" musicado pola Banda Municipal de Santiago. Pasámolo pipa!

 

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Concerto didáctico: Hipo e Gavante

Rosa Aneiros visita o noso cole

Hoxe recibimos unha visita moi especial no noso cole, a de Rosa Aneiros, autora do libro A batalla da pequena Chañan Curi Coca, que estivemos lendo os/as alumnos/as de 4º de primaria.

Contounos que para escribir o libro se inspirou nunha historia real dun desafiuzamento, ao que sumou personaxes da guerreira inca Chañan, historia que coñeceu nunha viaxe a Perú. 

Fixémoslle moitas preguntas e asinounos o seu libro. Podedes ver as fotos no seguinte álbum:

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Rosa Aneiros

Entrega de postais de Nadal en Correos

Este venres, parte do alumnado do CEIP de Sigüeiro achegouse ata a oficina de Correos da vila para non esquecerse dunha tradición propia desta época do ano e que, coa chegada das novas tecnoloxías, está quedando en desuso. Trátase do envío de postais de Nadal.

Previamente na aula, o noso alumnado preparou cadansúa felicitación de Nadal, colocouna nun sobre escribindo o destinatario e o remitente e pegou o selo correspondente. Xa na propia oficina, depositaron os sobres nun buzón especialmente preparado para a ocasión. Os seus desexos para este Nadal chegarán próximamente aos seus destinatarios.

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Entrega de postais en Correos