Entrega de postais de Nadal en Correos

Este venres, parte do alumnado do CEIP de Sigüeiro achegouse ata a oficina de Correos da vila para non esquecerse dunha tradición propia desta época do ano e que, coa chegada das novas tecnoloxías, está quedando en desuso. Trátase do envío de postais de Nadal.

Previamente na aula, o noso alumnado preparou cadansúa felicitación de Nadal, colocouna nun sobre escribindo o destinatario e o remitente e pegou o selo correspondente. Xa na propia oficina, depositaron os sobres nun buzón especialmente preparado para a ocasión. Os seus desexos para este Nadal chegarán próximamente aos seus destinatarios.

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Entrega de postais en Correos