Este venres, 3 de novembro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria desprazámonos a Santiago para asistir a unha exposición de arte e a unha obra de teatro na Fundación e no Auditorio A Banca.
Na exposición, aprendemos que a arte se manifesta de moitas formas diferentes, que coa aparición da fotografía a arte comezou a explorar o abstracto, que moitas obras que a primeira vista semellan abstractas en realidade non o son ou o que nos transmiten as diferentes cores dunha obra. Tras recorrer as súas salas e observar cadros de diferentes pintores, chegou o momento de converternos en artistas e compoñer poemas visuais con imaxes do día a día.
Máis tarde desprazariamonos ao Auditorio, onde asistiriamos a representación dunha obra de teatro na que o seu protagonista, Teo, nos ensinou como afrontar os problemas do día a día grazas aos mitos gregos de Teseo e o minotauro, Narciso e o seu reflexo, as aventuras de Hércules ou as ás de Ícaro. Pero o que máis nos gustou foi cando os actores se converteron en rapeiros e cantaron arrancando os aplausos de todos nós.
Foi moi divertido! Máis fotos na Galería de Imaxes.