Club de Ciencia

Primeira sesión do club de ciencia

Este mércores comezou o Club de Ciencia para o alumnado de 3° e 4° de primaria.

Nesta primeira sesión diseñamos unhas libretas de cores chulísimas que usaremos ó longo do curso.

As profes do Club fixeron pensar ós nenos/as coa pregunta ¿Cómo podemos inflar un globo sen soprar? Xurdiron varias hipóteses pero teremos que esperar á semana que ven para descubrir a resposta.

Construíndo o noso propio Planetario

Hoxe toca manipular, comezamos coa construcción do noso propio Planetario. Atendemos ben ás indicacións do profe e mans á obra. 

 

O Sistema solar

Despois de rematar cos cohetes, comezamos cun tema grandioso e apaixoante. Hoxe falamos do Sistema Solar, e canto máis aprendemos máis parece que nos falta por descubrir. Canto tarda cada planeta en dar unha volta arredor do sol? A Terra 365 días pero Xúpiter case 12 anos! E sobre o movemento de rotación, canto tarda cada planeta do sistema solar en dar unha volta sobre si mesmo? ou o que é o mesmo, canto dura un día en cada un dos planetas? Que curioso, por exemplo en Mercurio, o planeta máis cercano ao sol, un día dura tanto coma 58 dos nosos días. Canto nos queda por aprender!

   

 

ANALIZANDO E CORRIXINDO ERROS

Hoxe toca analizar e corrixir os erros que se deron no lanzamento e voo dos cohetes. Para iso anotamos nunha táboa os datos observados; lonxitude alcanzada, altura e dirección do voo, problemas ... "O noso cohete tiña o cono da punta imperfecto e non voou recto, fixo un xiro e desviouse cara o campo de fútbol" "O noso tiña un alerón diferente aos outros e iba dando voltas mentres voaba"...

  

Agora, mans ao traballo, hai que corrixir e introducir as modificacións oportunas para lograr un voo perfecto. 

  

O vindeiro día a probar de novo!

Chegou o día...

Por fin chegou o día tan esperado por todos/as no Club de Ciencia. O día no que iamos lanzar os foguetes que con tanto mimo construimos as semanas previas e, o máis importante, comprobar as nosas hipóteses. 

*Máis fotos facendo clic na imaxe.

3, 2, 1... Un lanzamento perfecto!

Ata superaron as nosas estimacións en canto á lonxitude percorrida!

Pero agora toca seguir investigando, analizando os erros, estudando o percorrido e a altura que alcanzaban os proxectís (que non sempre foi en liña recta nin a mesma), buscando as causas e propoñendo melloras.

COHETES REMATADOS!

Hoxe estivemos rematando os cohetes. Só nos queda probalos! Nalgúns cometemos erros e levan certos fallos. Uff, este leva as ás ao revés, voará? Hipótesis.... O vindeiro mércores saberemos se todos voan e descubriremos como funcionan. Estivemos facendo cábalas sobre a distancia que voarán: 4 m, 5 m, 10 m, 12 m... e ata alguén dixo 40 m.  O vindeiro mércores saíremos de dúbidas, poderemos comprobalo no patio.

 

 

Construíndo o noso cohete espacial!

Despois dunhas sesións experimentando e aprendendo sobre gravitación universal, inercia, forza... Estamos preparados para comezar a construír o noso propio foguete! Así que MANS Á OBRA! Poderemos lanzalo?

  

  

Que interesante!

Seguimos aprendendo e descubrindo cousas moi interesantes, antes de construír o noso propio foguete espacial. Falamos de como se ven afectadas as mareas pola lúa e cada canto tempo hai marea alta e marea baixa. Coñecemos algúns vehículos espaciais como o SRBS e o SOYUZ. Soubemos a que velocidade deben ir para escapar da forza da gravidade da terra; 11,2 Km/sCoñecemos a I.S.S. (Internacional Space Station) e o que nela fan os astronautas. Descubrimos algunhas das viaxes que se fixeron ao espacio, á Lúa e a Marte. Falamos da ESA (European Spatial Agency) e o seu vehículo Ariane.

   

COMEZAMOS CO OBRADOIRO DE FOGUETES

Despois de dúas xornadas aprendendo co xogo do Pachamama, toca comezar co obradoiro de foguetes. Nel imos elaborar nós mesmos un foguete e ata o imos lanzar!

Pero hai que ir por orde, antes que nada, algúns coñecementos que nos serán moi útiles. Hoxe imos falar de física e das catro leis imprescindibles para a construcción dun foguete: gravitación universal, inercia, forza e acción - reacción. Experimentando chegamos ao coñecemento! 

 

   

 

PACHAMAMA, APRENDEMOS XOGANDO

Hoxe de novo na sesión do club de ciencia, aprendemos mentres xogamos. O Pachamama é un xogo novo para nós, que nos axuda a coñecer como funciona un ecosistema á vez que traballamos a conciencia ambiental. Trátase dun xogo cooperativo de memoria colectiva, audacia, toma de decisións, estratexia ecolóxica, supervivencia e azar. Como nos divertimos!