Seguimos aprendendo e descubrindo cousas moi interesantes, antes de construír o noso propio foguete espacial. Falamos de como se ven afectadas as mareas pola lúa e cada canto tempo hai marea alta e marea baixa. Coñecemos algúns vehículos espaciais como o SRBS e o SOYUZ. Soubemos a que velocidade deben ir para escapar da forza da gravidade da terra; 11,2 Km/s. Coñecemos a I.S.S. (Internacional Space Station) e o que nela fan os astronautas. Descubrimos algunhas das viaxes que se fixeron ao espacio, á Lúa e a Marte. Falamos da ESA (European Spatial Agency) e o seu vehículo Ariane.