Club de Ciencia

Club de Ciencia - EMPEZAMOS COA BIODIVERSIDADE

Hoxe cambio de tema, empezamos coa biodiversidade; pero antes.... UN CONTO! contado dunha maneira moi especial, co método Kamishibai. Unha forma de contar historias iniciada nos templos budistas de Xapón no S. XII. O conto non podia ser outro que "Vinte mil leguas debaixo dos mares" de Julio Verne.

   

Que interesante todo o que aprendemos sobre a diversidade! A biodiversidade é o conxunto dos seres vivos da terra. Hai moitas especies! Pero desapareceron e seguen a desaparecer un gran número delas e iso provoca un gran problema. A biodiversidade é fundamental para a estabilidade dos ecosistemas e para o benestar das persoas. Que importante é conservar os ecosistemas e que dano facemos os humanos!   

  

COMPROBANDO O SUBMARINO!

Despois do traballo levado a cabo nas últimas sesións no club de ciencia, hoxe tocou COMPROBAR. Así que SUBMARINO á AUGA e a ver como se comporta. Tomamos notas sobre o seu funcionamento, miramos se todo está correcto e sacamos conclusións para chegar á HIPÓTESE. Fixemos uns submarinos moi aceptables. Que boa experiencia!

        

Club de ciencia: Rematando o noso submarino!

Seguimos a divertirnos ao mesmo tempo que aprendemos. Hoxe rematando o noso submarino.  Despois de pensar, investigar, aplicar, experimentar... Achégase o momento. Estamos impacientes, o vindeiro día descubriremos se o fixemos ben. Xa tan só nos queda COMPROBAR SE FUNCIONA!

         

Máis fotos no álbum: Club de Ciencia

 

TERCEIRA SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA

Hoxe, terceira sesión do club de ciencia. Empezamos coa construción de..., nada máis e nada menos que un SUBMARINO! E como non, falamos do autor de "VINTE MIL LEGUAS DEBAIXO DOS MARES", JULIO VERNE. Tamén do submarino e da caracola NAUTILUS... e no medio de todo iso xurdiunos unha pregunta, como é que respiran os peixes debaixo da auga? E aí saiu a composición da auga. Aprendemos e divertímonos!

   

  
   

Arranca o Club de Ciencia

A semana pasada dou comezo o Programa de Innovación Educativa "Club de Ciencia". Nel participan alumnos/as de 3º e 4º de Primaria que levarán a cabo diversas investigacións e experimentos científicos.

Na xornada de hoxe asignóuselle a cada equipo de alumnos/as o nome dunha muller científica: Marie Curie, Rosalind Franklin, María Montessori... Ademais estiveron traballando o principio de Arquímedes dunha maneira moi divertida.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Club de Ciencia