EMOCIÓNA-T

Emocións de Nadal!

Hoxe traballamos as emocións relacionándoas co Nadal e elaboramos un Papá Noel de origami para colgar na nosa árbore.

   

VISITA Á RESIDENCIA DE PORTO AVIEIRA

 

Hoxe foi un día moi emotivo para o club de teatro de 6º, porque puidemos compartir as nosas actividades cos usuarios da Residencia de Porto Avieira.

Representamos unha obriña de teatro, cantamos e bailamos unhas panxoliñas.

Tratáronos moi ben e pasámolo de marabilla. Fixéronnos un agasallo moi doce e nós correspondémoslles cunhas postais de Nadal.

Agradecerlle á Dirección e personal do Centro a boa acollida que nos deron. Foi unha experiencia para repetir!

                        

 

   

 

 

                    

Identificando emocións a través da peli

Hoxe no taller de Emociona-t rematamos de ver a película "Home" mediante fragmentos e reflexionamos sobre as emocións que percibimos. Cada cor que empregaba o protagonista era unha emoción. Interesantes conclusións!

"Home, hogar dulce hogar"

Hoxe tocou película para continuar traballando as emocións, a inclusión e a igualdade. Todo isto en fragmentos da película "Home, hogar dulce hogar".

  

25N

Esta semana no obradoiro de EMOCIÓNS estivemos relacionando estas coa igualdade e concretamente coa eliminación da violencia e do maltrato contra a muller polo feito de selo.

 

 

Del revés

Continuamos traballando as emocións, esta vez visibilizando fragmentos da película "Del revés".

O monstro de cores

Iniciamos o taller para mellorar a competencia emocional do noso alumnado. Nada mellor para empezar que o conto "O monstro de cores".

Comezamos escoitando o conto e coloreando os monstros que representan as distintas emocións. Que ledos estamos!