¿Qué pasaría se os polos se derretesen?
Realizamos unha investigación e construímos unha hipótese para ver como cambiaría a superficie da Terra se o nivel dos mares e océanos aumenta.
Primeiro recortamos países de papel, colocámoslle unha chincheta por debaixo e metémolos nun barreño con leite.
Despois botamos unha gota de colorante azul enriba dos polos.
Cun bastonciño impregnado de xabón, tocamos as dúas gotas de colorante.
Observamos como o colorante se extende por todo o leite simulando a inundación dos países en caso de que os polos se derretesen.