Que pasa cando mesturamos auga, sosa cáustica e glucosa?
No club de ciencia desta semana comprobámolo. Primeiro puxemos un pouco de auga nun vaso. Protexidos con guantes, botámoslle un pouco de sosa cáustica e de glucosa.
Despois, engadimos dúas gotiñas de azul de metileno e remexemos.
A glucosa e a sosa cáustica oxídanse cando están en movemento e, ao botarlle o colorante, vemos a auga azul. Sen embargo, cando deixamos de remexer, vólvese branca.