1. No primeiro experimento da sesión faremos chuvia. Enchemos un bote cun pouco de auga quente, cubrimos cun plástico e poñemos un xeo enriba. O xeo vaise derretendo, quitamos o plástico e observamos a condensación.
2. No seguinte experimento simulamos o efecto invernadoiro. 5 nenos/as cubertos con un plástico e outros/as 5 sen el, corren no sitio. Os nenos/as que levan o plástico enriba almacenan máis calor xa que levan una capa protectora. O mesmo ocorre na Terra; recibe os raios do Sol e almacénaos.
3. No terceiro experimento facemos nubes. Nunha botella botamos alcohol e colorante. Despois introducimos aire coa axuda dun bombín, cando a botella está completamente chea podemos observar como dentro se forma una nube.