Que xornada tan especial a de hoxe! De novo volvemos á Residencia de maiores para compartir a nosa algarabía coas persoas que alí se atopan. Alí estivemos o alumnado do Club de Teatro de 5º de Primaria acompañados pola profesora Carmen Penedo.
Estivémoslle representando un cachiño dunha das nosas obras "Unha clase imposible", despois cantamos, tocamos a pandeireta, bailamos... Por último entregámoslle un agasallo a cada un dos residentes, que previamente fixeramos nós mesmos con moito agarimo; era unha pulsera de gomiñas. Tamén nós recibimos unha bolsiña de golosinas que eles mesmos montaran.
Que grandes son e canto amor nos transmiten. Agradecémoslle enormemente o ben que nos reciben e o trato que nos dan. Volvemos para o cole cargados de ledicia!