Storytelling: Polar bear, polar bear, what do you hear?

This week, we celebrated World Book Day with a storytelling in the playground. First graders listened to "Polar bear, polar bear, what do you hear?" in the voice of our language assistant Chloe. We used the big blackboard in the playground to write the names of the animals in the story.

Esta semana, celebramos o Día do Libro cun contacontos no patio. Os de 1º escoitaron o conto "Polar bear, polar bear, what do you hear?" na voz da nosa auxiliar de conversa Chloe. Usamos a gran pizarra do patio para escribir os nomes dos animais da historia.

Then, divided in groups, we read more books about animals, drew them and wrote their names in small blackboards and played "What's the time Mr. Wolf?" moving like the different animals do. A great day out enjoying English and books!

Despois, divididos en grupos, lemos máis libros sobre animais, debuxámolos e escribimos o seu nome en pequenas pizarras e xogamos a "What's the time Mr. Wolf?" movéndonos como fan os diferentes animais. Un gran día gozando co inglés e cos libros!

 

 

Deportes Olímpicos: Ximnasia rítmica

Tralo alumnado de Infantil, tócalle o turno aos de Primaria.

Os de 1º curso, fálannos da ximnasia rítmica, un deporte que debutou no programa olímpico de Los Ángeles en 1984 na modalidade individual e, doce anos máis tarde, en Atlanta 1996 como evento grupal. 

Deportes Olímpicos: Breaking

Nesta ronda polos deportes olímpicos tócalle o turno a un recén chegado, o breaking. Aínda que xa fixo o seu debut nos Xogos Olímpicos da Xuventude de Bos Aires en 2018, será este ano en París 2024 cando entre a formar parte do programa deportivo olímpico de xeito oficial xunto coa monopatinaxe, o surf e a escalada deportiva. 

E en que consiste o breaking? Pois ollade o que nos contan os alumnos/as de 5 anos...

ATLETISMO CAMPO A TRAVÉS EN PORTO DO SON

O alumnado clasificado na 1ª fase da proba de atletismo campo a través, desprazouse hoxe ata Porto do Son para particiar na Fase provincial. Foi unha xornada emocionante na que non acadamos premios pero obtivemos moi bos resultados. Parabéns aos nenos e nenas participantes, que o fixeron moi ben!

Deportes Olímpicos: Atletismo

Agora imos falar dunha das disciplinas tradicionais dos Xogos Olímpicos que se vén realizando dende a edición inaugural en 1896. Estamos a referirnos ao atletismo, pero sabedes en que consiste? Os nenos e nenas de 4 anos sábeno moi ben e, ademais, coñecen atletas olímpicos e paralímpicos galegos.

Mirade todo o que descubriron sobre este deporte.

Escape Room Igualdade

Este venres, o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nun escape room de igualdade no salón de actos do centro dentro da liña do Contrato Programa CP Inclúe, promovida pola Consellería de Educación.

 

Tratábase de resolver un roubo relacionado con mulleres relevantes de Galicia: Rosalía de Castro, Maruxa Mallo... Divididos en equipos e dispoñendo cada un deles dunha maleta, debían descifrar pistas, que abrían diferentes candados ata chegar a unha caixa forte final.

 

Foi unha experiencia moi enriquecedora na que o alumnado aprendeu e se divertiu.

Deportes Olímpicos: Natación

Despois de estudar cales foron os países e as sedes que acolleron os Xogos Olímpicos ao longo da historia, agora comezamos o 3º trimestre investigando sobre os deportes que se practican. 

Os alumnos e alumnas de 3 anos fálannos da natación, un deporte que estivo presente en todos os Xogos Olímpicos da era moderna. Sen embargo, nas primeiras edicións as competicións realizábanse en entornos naturais como baías e non sería ata Londres 1908 cando as probas se comezaron a disputar en piscinas. Prestade moita atención.

OS NENOS E NENAS DE 4º A INFANTIL ESCRIBEN UN CONTO PARA O DÍA DE ROSALÍA.

" A FLOR", así se titula o conto que escribiron os nenos e nenas de 4º A de Infantil, todo feito por eles e a súas mestras, eles foron

inventando a historia e despois ilustrárona. Clicade na imaxe para velo. Parabéns!

HORTOCOLIÑA FEBREIRO-MARZO

Clicade na imaxe para ver o contido da revista.