RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

Aberto o procedemento de renovación do Consello Escolar. 

Na primeira reunión da Xunta Electoral establécese o seguinte calendario escolar:

- 30 de outubro: publicación dos censos (reclamacións ata o 6 de novembro).

- Do 1 ao 8 de novembro: prazo de admisión das candidaturas dos diferentes sectores.

 

                                         - 5 de novembro: reunión de claustro informativo

                                   - 11 de novembro: proclamación de candidaturas, sorteo dos compoñentes da mesa electoral para as votacións de pais, nais e profesorado, aprobación do modelo de papeleta e comunicación das candidaturas e dos compoñentes da mesa.

                                        - 19 de novembro: Votacións:

              • Pais/nais de 14:00 a 18:00
              • Profesorado claustro extraordinario ás 18:30                                                      

                                        - 22 de novembro: proclamación dos candidatos electos

                                          Máis información no documento adxunto.

Mochilas viaxeiras

Esta semana, dentro das actividades de fomento da lectura e mediación lectora, comezamos unha nova viaxe de aventuras a través de contos, revistas, xogos... para compartir en familia.

BOA VIAXE!

 

 

 

SESIÓN DE TEATRO!

Hoxe no colexio puidemos asistir a unha sesión de teatro na que nos divertimos un montón. Os actores, máis ben as actrices; eran alumnas de sexto do club de teatro que o fixeron estupendamente. O título da obra era "Medo me da" e en efecto había unha bruxa, unha pantasma, unha momia.... Que meeedo!!! Parabéns polo bo traballo!

 

 

O MAGOSTO, MELLOR EN SAN MARTIÑO!

11/11/2024 21:53

Hoxe, día de San Martiño, celebramos o tradicional Magosto no colexio. "Castañas, noces e viño fan as delicias do San Martiño". 

A tradición do Magosto remóntase ao tempo dos celtas e celebrábase sobre todo polo Samaín ou polo San Martiño. Así que no colexio quixemos facer coincidir esta festa co día 11 de novembro, San Martiño. 

Acompañados por un excelente día de sol, o alumnado disfrutou das castañas e... do Trompo, porque xa se sabe "Polo San Martiño trompos ao camiño"

 

 

 

 

  

HORTOCOLIÑA SETEMBRO - OUTUBRO

Atención, atención xa está aquí a revista de setembro - outubro. Clicade para vela.

  

E... CHEGOU O DÍA!

Uuuuuh! Que medo! SAMAÍN!!! Pola mañá chegaron ao cole bruxas, pantasmas, monstros, vampiros, esqueletos...

     

     

E despois do recreo, SORPRESA! Entrega de premios! Mellores cabazas, mellores debuxos de 1º e 2º, mellores contos de 3º, 4º, 5º e 6º e mellores portas decoradas. Canta emoción! Quen serían os premiados?

CABAZAS:

      E. INFANTIL                    1º CICLO                     2º CICLO                         3º CICLO

   

            O CASTAÑEIRO               O CESTEIRO                   A POTA DO CALDO         A CANTAREIRA

     Andrés Veiga, Inf 5º B         David Ferreiro, 2º A             Carla Rey, 4º B         Candela Couto, 6ºA

 

DEBUXOS DE 1º e 2º:

                                           1º                                                                2º

 

                               Lola Bouzas, 1º B                                     Clara Nieto, 2º A

 

CONTOS DE 3º, 4º, 5º e 6º:

              3º                                          4º                                        5º                                  6º

 "O río dos desexos"    "Un samaín especial para Xela e Cosme"  "O colexio encantado"  "O castro embruxado"

Lidia Fernández, 3º B              Alejandra Souto, 4º C                    Claudia Dono, 5º A      Candela Couto, 6º A

 

PORTAS:

                        Todas as clases de Infantil                                                         6º A  e  6ºB

          

 

PARABÉNS A TODOS OS PARTICIPANTES E GAÑADORES!

DO SAMAÍN AO SANMARTIÑO ANDAN AS ÁNIMAS POLO CAMIÑO!

Metidos de cheo na semana do SAMAÍN, que neste curso nos leva máis que nunca a lembrar costumes dos nosos ancestros, todo o colexio aparece ambientado para tal celebración e o medo comeza a facer acto de presenza.

  

A palabra Samaín provén do gaélico Samhain que significa fin do verán. O Samaín viña a ser o Ano Novo Celta e o comezo do inverno, da escuridade. Esta celebración da noite do 31 de outubro para o 1 de novembro ten un pasado milenario e senta as bases do popular Halloween.

Unha das lendas máis ancestrais de Galicia vencellada con esta festa é a da Santa Compaña. Unha persoa dirixe unha comitiva de defuntos / ánimas, que poden aparecer nos montes ou camiños pola noite ou de madrugada. Van caladiños e con candeas; simbolizan que unha persoa está a punto de perder a vida. A Santa Compaña evoca medo e respecto na nosa terra.

Entre as actividades levadas a cabo no centro para o Samaín, hoxe comezamos coa lectura de contos inventados polo propio alumnado, coa temática da cultura tradicional galega. Contamos con verdadeiros relatores de historias terroríficas

  

 

O alumnado de 1º e 2º participou neste evento con debuxos inspirados na celebración. Canto traballiño e que ben feito!

  

  

Por outra banda os nenos e nenas xa comezaron a traer as cabazas decoradas con moito inxenio coa temática da Cultura de Galicia, que completarán a exposición que se poderá observar no exterior do colexio.

  

  

  

E que dicir das portas das aulas, están de medo!!!

  

   

   

  

CHEGOU O SAMAÍN

Xa chegou o Samaín, con concurso de contos, portas e decoración de cabazas. Anímate a participar!