3D Olympic medals

Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria, na materia de Arts & Crafts, deseñamos unhas medallas olímpicas coa aplicación Tinkercad. Despois imprimímolas coa impresora 3D, pintámolas de dourado e prateado e puxémoslles unha cinta.

Finalmente, para sentirnos verdadeiros medallistas olímpicos, sacamos fotos diante da pantalla de chroma e eliximos diferentes fondos. Aquí o resultado:

Álbum: Curso 2023 - 2024 -> 3D Olympic medals

Curiosidades Olimpiadas VI

E con estas últimas cinco curiosidades, Punki da por finalizadas as súas pescudas sobre as Olimpiadas. Agardamos que descubrirades datos interesantes e aprenderades moito. 

E aquí algunhas instantáneas do proceso de investigación, creación e gravación con Íker de 4ºB. El foi non só o ilustrador, senón tamén a voz de Punki. Parabéns polo teu traballo e gracias polo teu esforzo e interese no proxecto! 

  

E como mostra de agradecemento, fíxoselle entrega do libro "Los Superpreguntones en los Juegos Olímpicos" de onde se sacaron moitas das curiosidades e tamén dunha medalla feita coa impresora 3D. 

   

Easter Egg Hunt

Hoxe os alumnos/as de 1º de Primaria baixaron á biblioteca para escoitar "We're going on an Egg Hunt", unha historia de Pascua contada pola nosa auxiliar de conversa americana Chloe. 

Despois, aproveitando unha raiola de sol, saíron ao patio e participaron nunha busca de ovos de Pascua como adoitan facer os nenos británicos e americanos. 

  

HAPPY EASTER! 

Álbum: Curso 2023 - 2024 -> Easter Egg Hunt

Miami and Sigüeiro, from a big city to a small village

Continuamos o proxecto "Dos Orillas" converténdonos en embaixadores da nosa terra e mostrándolles aos nosos compañeiros americanos como é Galicia e, en concreto, a nosa vila Sigüeiro. Para iso, elaboramos presentacións e gravamos videos nos que lles explicamos non só o que poden ver e facer en Galicia, senon tamén que poden comer e como teñen que viaxar e moverse por aquí.

E hoxe, conectámonos por videoconferencia con eles e, en directo, mostrámoslles os lugares máis representativos da nosa terra. Eles ensináronnos a grandiosa Miami. Despois competimos nun Quizizz.

 

O MEU CÓMIC FAVORITO

Nesta actividade, o alumnado de Primaria trouxo unha foto recomendando un cómic. Coas fotos realizouse un mural.

Interviewing Olympic champions with an AI

Aproveitando a temática das Olimpiadas, dende a materia de inglés quixemos entrevistar a algúns campións olímpicos galegos e preguntarlles sobre a súa participación en diferentes edicións dos Xogos Olímpicos. Para iso empregamos unha Intelixencia Artificial chamada "Character.ai". Aquí un cachiño dalgunhas das entrevistas realizadas:

 

DESEÑO UNHA VIÑETA

Nesta actividade, o alumnado deseñou a súa propia viñeta de cómic. A actividade realizouse durante os recreos na biblioteca, do 11 ao 15 de marzo.

  

Coas viñetas realizáronse murais que están expostos en diferentes lugares de paso do cole.

 

 

St. Patrick's Day

17th March is St. Patrick's Day, patron saint of Ireland, and many landmarks all over the world turn green for the occasion. 6th graders wanted to join this tradition and made these paper circuits with green leds, copper tape and 3D buildings like the Eiffel Tower, Arc de Triomphe, Big Ben, London Eye, Empire State building, Statue of Liberty, Christ the Redeemer, Pisa Tower and Hercules Tower.

O 17 de marzo é o Día de San Patricio, o patrón de Irlanda, e moitos monumentos de todo o mundo tínguense de verde para a ocasión. Os alumnos/as de 6º quixeron unirse a esta tradición e fixeron estes circuitos de papel con leds verdes, cinta de cobre e edificios 3D como a Torre Eiffel, o Arco do Triunfo, o Big Ben, a London Eye, O Empire State, a Estatua da Liberdade, O Cristo Redentor, a Torre de Pisa e a Torre de Hércules.

  

  

 

LEITE NO RECREO!

Cada día no recreo podemos tomar leite, durante o período do curso correspondente, gracias ao FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria). Que ricooo!