Continuamos o proxecto "Dos Orillas" converténdonos en embaixadores da nosa terra e mostrándolles aos nosos compañeiros americanos como é Galicia e, en concreto, a nosa vila Sigüeiro. Para iso, elaboramos presentacións e gravamos videos nos que lles explicamos non só o que poden ver e facer en Galicia, senon tamén que poden comer e como teñen que viaxar e moverse por aquí.
E hoxe, conectámonos por videoconferencia con eles e, en directo, mostrámoslles os lugares máis representativos da nosa terra. Eles ensináronnos a grandiosa Miami. Despois competimos nun Quizizz.