DESCUBRINDO A… YAYOI KUSAMA
As nenas e os nenos de 5º de infantil están coñecendo a Yayoi Kusam. Ao longo do trimestre foron descubrindo diferentes aspectos sobre ela, convertíndose en verdadeiras expertas e verdadeiros expertos.
ATLETISMO CAMPO A TRAVÉS
Este venres, 1 de decembro, trasladámonos hasta a área recreativa da Madalena en Castrofeito, O Pino, para participar na Fasa Zonal Escolar de Cross. Fomos uns sesenta nenos e nenas que o pasamos xenial!
Competimos cun montón de colexios e acadamos uns moi bos resultados. Fomos campións por equipos en benxamín femenino, benxamín masculino e alevín femenino. E como individuais Mateo Rosende quedou de 1º na súa categoría, Alejandra Cebreiro de 2ª na súa e Xiana Reboredo de 3ª. Non podía estar mellor!!!
Despois de correr, un chocolatiño quente, que por certo estaba boísimo, e a recoller os premios!
E volta para o cole mais contentos que un cuco cos nosos premios!
Thanksgiving in New York
Chloe travelled to the U.S. last week and spent Thanksgiving Day at home with her family. When she came back, she told us about this important celebration in America, its origins, the activities they do, the food they eat, etc.
Do you want to see her presentation again? But we need to warn you, some pictures may be mouth watering!
Chloe viaxou aos Estados Unidos a semana pasada e pasou Acción de Gracias na casa coa súa familia. Cando volveu, contounos sobre esta celebración tan importante en América, as súas orixes, as actividades que adoitan facer, a comida que comen, etc.
Queredes volver ver a súa presentación? Pero temos que avisarvos, algunhas fotos poden facervos a boca auga!
DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
A Organización de Nacións Unidas ten institucionalizado cada 25 de novembro como Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, entendendo por esta, todo acto de violencia baseado na pertenza ao sexo feminino, ou que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual, psicolóxico para a muller; así como as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se produce na vida pública como na vida privada.
Hoxe conmemoramos esa data no colexio con diversas actividades. Ao entrar, o alumnado de 5º e 6º asistiu a unha charla no salón de actos, do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos. Foi impartida por un garda civil e a temática A violencia contra a muller.
Despois estivemos nun acto no pavillón, co alumnado do instituto e do Camiño Inglés. Tamén estivo presente o Alcalde e a Concelleira de educación.
Para empezar, todo o alumnado e profesorado do instituto interpretaron unha coreografía dunha canción, con letra adaptada reivindicativa da violencia contra as mulleres. Fantástico baile! Parabéns para o IES de Oroso!
A continuación foron oito rapazas e rapaces do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés os que nos agasallaron cuns lemas que eles mesmos fixeron, rexeitando a violencia contra as mulleres.
E para rematar un minuto de silencio polas mulleres mortas a consecuencia da violencia machista.
Dende o colexio traballaremos hoxe e todos os días do curso para que aprendamos a respectarnos, a ser tolerantes e ter empatía cos demais, e por suposto, para que a violencia non teña cabida de ningunha das maneiras!!!
Así é o noso cole... CEIP de Sigüeiro
Así é o noso cole,
é tempo de crecer xogando...
CEIP DE SIGÜEIRO
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13