DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

A Organización de Nacións Unidas ten institucionalizado cada 25 de novembro como Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, entendendo por esta, todo acto de violencia baseado na pertenza ao sexo feminino, ou que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual, psicolóxico para a muller; así como as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se produce na vida pública como na vida privada.

 

Hoxe conmemoramos esa data no colexio con diversas actividades. Ao entrar, o alumnado de 5º e 6º asistiu a unha charla no salón de actos, do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos. Foi impartida por un garda civil e a temática A violencia contra a muller.

Despois estivemos nun acto no pavillón, co alumnado do instituto e do Camiño Inglés. Tamén estivo presente o Alcalde e a Concelleira de educación. 

Para empezar, todo o alumnado e profesorado do instituto interpretaron unha coreografía dunha canción, con letra adaptada reivindicativa da violencia contra as mulleres. Fantástico baile! Parabéns para o IES de Oroso!

  

A continuación foron oito rapazas e rapaces do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés os que nos agasallaron cuns lemas que eles mesmos fixeron, rexeitando a violencia contra as mulleres.

E para rematar un minuto de silencio polas mulleres mortas a consecuencia da violencia machista.

  

Dende o colexio traballaremos hoxe e todos os días do curso para que aprendamos a respectarnos, a ser tolerantes e ter empatía cos demais, e por suposto, para que a violencia non teña cabida de ningunha das maneiras!!!