ENTREGA ALIMENTOS PARA SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO

Hoxe fixemos entrega a Servizos sociais do concello, dos alimentos que voluntariamente nos achegaron as familias ao longo do mes de maio. A recaudación tivo lugar con motivo do Teatro Solidario, no que as familias puideron asistir ás obras que os seus fillos/as interpretaban, ou do Mercadiño de libros solidario polo que as familias podían levar un libro a cambio de deixar algún alimento. Para a recollida estivo presente a educadora social Rocio e a concelleira de educación María. Estes alimentos serán doados ás persoas máis necesitadas do concello de Oroso. Dende aquí damos as grazas ás familias que colaboraron e parabéns a alumnado e profesorado que promoveu esta iniciativa.