Por fin puidemos levar a cabo o acto central de celebración das Letras Galegas deste ano 2024, que por mor do mal tempo fora adiado. Foi un acto de homenaxe á grande Luisa Villalta.
O alumnado maior foi o encargado de presentar e dirixir o acto que deu comezo cunha amena biografía da autora contada polos nenos e nenas de 5º.
Seguimos cun recitado de poemas en lembraza das 6 mulleres ás que se lle ten dedicado o día das Letras Galegas: Rosalía de Castro, Francisca Herrera, María Mariño, Mª Victoria Moreno, Xela Arias e a homenaxeada de hoxe, Luisa Villalta. Os protagonistas son agora unha representación do alumndo de Primaria, dende 1º ata 6º. Despois fíxose a entrega de premios do Concurso das Letras. O agasallo, un libro! Parabéns aos premiados e a todos os participantes!
E xa para rematar fixemos todos xuntos o baile do Pesiño de Leilía. Que divertido!
QUEREMOS COIDAR O NOSO IDIOMA, FALEMOS GALEGO!!!