Dende o proxecto Erasmus+ do Ceip Nº2 de Tui "Promovendo un estilo de vida saudable e feliz", solicitamos a vosa colaboración anónima como mestres, alumn@s e pais/nais do alumnado do centro.
Convidámosvos a cubrir a enquisa de xeito anónimo, aló polo mes de decembro. Xa temos os resultados da mesma. Grazas por dedicar ao proxecto Erasmus+ un anaquiño do voso tempo e reflexionar sobre a importancia que ten a actividade física nas vosas vidas. Aquí vos deixamos os resultados para que valoredes.
O pasado martes 12 de febreiro, tivo lugar a 2ª Xornada da competición escolar de Bádminton para a Categoría Benxamín ( 3º e 6º) e Infantil (Repetidores de 6º). Dita xornada foi no Pavillón do Ceip Randufe. Aquí vos deixamos algunhas fotos dos momentos desfrutados durante a tarde.
O pasado xoves día 7 de febreiro de 2019, en horario de mañá, tivo lugar a proba de Campo a Través Provincial da presente Campaña Deportiva,nas Instalacións do Campo de Fútbol de Chenlo.
Nesta importante proba participou a alumna Elena de 5ºA integrante do Club Atletismo Porriño. Noraboa Elena, pola túa participación e os grandes resultados.
Información facilicitada pola familia de Elena de 5ºA. Moitas grazas.
O vindeiro martes 12 de febreiro, terá lugar a 2ª Xornada da competición escolar de Bádminton paraa Categoría Benxamín ( 3º e 6º) e Infantil (Repetidores de 6º). Dita xornada será no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:15h. Tod@s @s participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio, se tiveran, e chándal do mesmo. @s nen@s que vaian a Randufe directamente, terán que estar alí ás 16:30h. Se lles xurde algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.
O pasado xoves día 7 de febreiro de 2019, en horario de mañá, tivo lugar a proba de Campo a Través Provincial da presente Campaña Deportiva, nas Instalacións da Azucareira de Portas. Dita xornada estivo destinada os/as nenos/as de 3ºB do noso colexio que se clasificaron na proba que tivo lugar en Guillarei, representando aos colexios do Baixo Miño. Unha xornada estupenda na que tod@s participantes desfrutaron moito, xunto aos participantes doutros colexios da provincia. E onde Rania conseguiu un diploma. Noraboa a tod@s @s nen@s de 3ºB pola súa participación.
O equipo Alevín do Clube Balonmán de Tui comezou a xogar a liga da temporada 18/19. O pasado 8 de febreiro de 2019, os nosos deportistas tiveron unha nova xornada contra o equipo de Salceda. Neste equipo xogan e desfrutan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.
Os parciais foron: Salceda-C.B.Tui: 2-10/3-8/5-4/3-7
Moi bo partido, onde o equipo de Tui foi superior e gañou.
Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 5ºA. Grazas
O pasado martes 5 de febreiro, tivo lugar a 2ª Xornada da competición escolar de Bádminton no Pavillón do Ceip Randufe. Aquí vos deixamos algunhas fotos da xornada, na que xogamos cos compañeiros/as do Ceip de Randufe, Ceip Nº1 de Tui e Club Bádminton Tui.
O alumno Alex Lemos, de 4ºB, e membro do Club Remo Tui, ven de acadar unha nova medalla. Alex que pertence á categoría Alevín ten unha grande proxección deportiva por diante, esperamos que siga colleitando éxitos no seu deporte favorito, e chegar a ser un gran deportista.
María, de 4ºB, ven de gañar unha medalla no Campionato de Campo a Través que tivo lugar no Rosal o pasado 18 de xaneiro. Unha gran atleta que obtivo un gran resultado.
Os dous quixeron compartir as súas medallas cos seus compañeiros.
O vindeiro martes 5 de febreiro, terá lugar a 2ª Xornada da competición escolar de Bádminton. Será no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:15h. Tod@s @s participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio, se tiveran, e chándal do mesmo. @s nen@s que vaian a Randufe directamente, terán que estar alí ás 16:30h. Se lles xurde algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.
A proba de Campo a Través Provincial prevista para o vindeiro xoves 31 de xaneiro aprázase para o xoves día 7 de febreiro de 2019, en horario de mañá. A proba de Campo a Través Provincial da presente Campaña Deportiva será nas Instalacións da Azucareira de Portas. Dita xornada está destinada os/as nenos/as de 3ºB do noso colexio que se clasificaron na proba que tivo lugar en Guillarei. Todo o alumnado asistirá á proba en autobús, coas súas titoras e profesorado de apoio á mesma. @s nen@s asistirán a escola como calquera día, saíndo do centro en autobús ás 9:30h e regresando ao mesmo ás 13:00h. Tod@s @s participantes terán que traer una mochila con calzado de reposto, equipación do colexio, se a tiveran, chándal do mesmo, roupa de cambio e merenda. Se algunha familia quixera asistir á proba, poderá facelo polos seus medios. Poden atopar máis información da proba na Web de Deporte no 2:
Castro Laboreiro é un pobo de montaña en Portugal, a 1 hora e 15 minutos de Tui e se hai neve é un sitio perfecto para pasar un rato xogando, facer monecos de neve e tirarse cun trineo, como fixeron o pasado fin de semana Daniel Docampo, de 4ºA, e Javier Docampo, de 5 años A.
Tamén é un sitio perfecto para visitar en primavera, e ver diferentes cousas que coa neve é máis difícil, como o castelo de Castro Laboreiro, a ponte romana ...
Pero vaias na época que vaias, as vistas do Parque Nacional de Peneda-Gerês son impresionantes.
Información facilitada pola familia dos alumnos Docampo. Moitas gracias por compartir con nós experiencias tan divertidas e fascinantes.
O pasado fin de semana Daniel Docampo, de 4ºA, e Javier Docampo, de 5 años A, foron a visitar o Faro de Budiño cos seus pais.
O Faro de Budiño é o punto máis alto da zona, e desde alí pode verse Porriño, Mos, Tui e Salceda de Caselas. Son un conxunto de rochas que sobresaen da montaña e úsanse para a escalada profesional, pero eles fixeron unha pequena ruta para subir a algunhas rochas que non supuxeran moito perigo. As vistas cun día despexado son preciosas.
Ao comezo da camiñata atopáronse cunha zona recreativa, mesas, asadeiros en pedra e un refuxio de montaña.
Gracias a unhas escaleiras chegaron á parte alta, pero a rocha maior non é accesible porque hai que trepar por ela.
Na parte baixa arrancan varias rutas de sendeirismo para poder pasar unha tarde divertida.
Moitísimas gracias a Dani e Javier Docampo e a súa familia por compartir unha ruta con encanto, para gozar en familia, como é a Ruta do Faro de Budiño. Animámosvos a desfrutar da mesma coas vosas familias.
O equipo feminino de Suecia formado por estas tres intrépidas atletas, ven de convertirse en campión do mundo de Salto de Comba, na modalidade Freestyle.
Aquí vos deixamos o vídeo da peripecias que fan saltando á comba. Espero que desfrutedes visualizándoo e vos animedes a experimentar e prácticar.
O vindeiro martes 29 de xaneiro, dará comezo a competición escolar de Bádminton paraa Categoría Benxamín ( 3º e 6º) e Infantil (Repetidores de 6º). Dita xornada será no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:15h. Tod@s @s participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio, se tiveran, e chándal do mesmo. @s nen@s que vaian a Randufe directamente, terán que estar alí ás 16:30h. Se lles xurde algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.