Novas Deporte Escolar
|
|
|
|
III Torneo de Nadal de Bádminton.
O vindeiro venres 21 de decembro de 2018, terá lugar no Pavillón do Ies San Paio de Tui, en horario de 16:00h-21:00h, o III Torneo de Nadal de Bádminton, organizado polo Club Bádminton Tui en colaboración co Excmo Concello de Tui. Animádevos a participar.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
VII Camiñada Solidaria 2018.
O vindeiro día 23 de decembro, ás 10:00h terá lugar a VII Camiñada Solidaria 2018 organizada polo Club Andatui Regodepedra. A saída será dende o Palco de Música da Corredoira e terá unha distancia de 8km. Unha oportunidade estupenda para facer deporte en familia. A inscripción é de balde, so tedes que levar alimentos non perecedeiros que serán doados a SOS Tomiño. Animádevos.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
I Carreira de Nadal de Tomiño 2018.
O vindeiro domingo 23 de decembro de 2018, terá lugar en Tomiño, con saída na Rúa Daniel Calzado, en horario de 11:00h-12:00h, a I Carreira de Nadal do Concello de Tomiño 2018, organizado polo Concello de Tomiño e o atletismo Trega. Animádevos a participar.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
DEPORTE ESCOLAR.
APRÁZASE A XORNADA DE VOLEI
Curso 18-19
O vindeiro Mércores día 12 de ecembro, ía ter lugar a 2º e última xornada da competición escolar de volei. Esta xornada APRAZASE para o vindeiro Mércores día 19 de decembro, sentimos as molestias que isto lles poida causar. O horario será de 17:00h-19:00h. O autobús sairá ás 16:15h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:30h. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se tiveran e chandal do mesmo. Os/as nenos/as que vaian a Randufe directamente terán que estar alí ás 16:30h. Para calquera dúbida poderán chamar ao teléfono: 650602161 e tamén atoparán máis información na web: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar
|
|
|
|
|
|
|
|
|
DEPORTE ESCOLAR.
Dinamización Intercentros
Ceip Nº2-Ceip Sobrada
Curso 18-19
luns día 17 de decembro de 2018
O vindeiro luns día 17 de decembro de 2018 terá lugar no pavillón vello de Tui, a 2ª Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Sobrada. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 3ºA, 5ºA. Os/as nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enquisa sobre Hábitos de Vida Saudables.
Dende o proxecto Erasmus+ do Ceip Nº2 de Tui "Promovendo un estilo de vida saudable e feliz", solicitamos a vosa colaboración anónima como mestres, alumn@s e pais/nais do alumnado do centro. Convidámosvos a que cubrades a seguinte enquisa de xeito anónimo, sempre respetando a veracidade das respostas. Cantos máis cubramos a enquisa máis reais serán os resultados da actividade física que temos nas escolas Erasmus+ que formamos o proxecto. Grazas por adicar ao proxecto Erasmus+ un anaquiño do voso tempo e reflexionar sobre a importancia que ten a actividade física nas vosas vidas. Preme nas letras que teis a continuación para cubrir a enquisa.
Tamén podedes cubrir a enquisa facendo uso do código QR da mesma.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Angel José González GAÑADOR DE TIRO
17 Nov 2018.
O alumno Angel José González de 4ºB, apaixoado do deporte de Tiro, vend e gañar o pasado 17 de novembro de 2018 dous diplomas e dúas medallas nas modalidades nas que é máis experto e ten máis experiencia.
Así Angel José foi 1º Clasificado Junior en IPSC da Liga Social XIII Galaicos e tamén foi 1º Clasificado en Carabina Juniorla Liga Social XIII Galaicos. Noraboa A. J.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
DEPORTE ESCOLAR.
Dinamización Intercentros
Ceip Nº2-Cep Pedro Caselles de Tui
Curso 18-19
Xoves día 29 de Novembro de 2018
O pasado xoves día 29 de Novembro de 2018 tivo lugar no pavillón vello de Tui, a 1ª Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Cep Pedro Caselles. A xornada levouse a cabo de 10:15 a 13:45h aproximadamente no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes foron 6ºA, 4ºB. Aquí vos deixamos as fotos dos bos momentos vividos e xogados cos amigos do Cep Pedro Caselles. Grazas por facer posible unha xornada onde disfrutamos e pasámolo moi ben xogando a: Minibalonmán, Minibaloncesto, Minivolei, Bádminton e Fútbol-sala.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
DEPORTE ESCOLAR
Volei Curso 18-19
O pasado Mércores día 28 de Novembro de 2018, deu comezo a competición escolar de Volei. A 1ª das xornadas que terá a Competición Escolar este curso, tivo lugar no Pavillón do Ceip Randufe . Participamos 3 equipos Benxamíns, 3 equipos Alevíns e 1 equipo Infantil. Aquí vos deixamos algunhas fotos da xornada e do ben que o pasamos.
A vindeira xornada prevista para o día 12 de decembro aprázase para o mércores 19 de decembro. Contamos con todos vós, xa que ese día será a entrega de medallas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CLUBE BALONMÁN TUI
O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui comezou a xogar a liga da temporada 18/19 da competición. O pasado 25 de Novembro de 2018, os nosos deportistas xogaron, unha nova xornada contra o equipo de Salceda B. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.
Os parciais foron: C.B.Tui-Salceda B: 6-1/3-1/10-2/9-4
Moi bo partido, onde o equipo de Tui foi superior e gañou. Noraboa equipo.
Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 5ºA. Grazas
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Jorge Prado Campeón do Mundo de Motocross.
Jorge Prado o actual Campeón do Mundo de motocross, é de Lugo ecomezou a montar en moto con 3 anos e a competir con 6 anos. As motos son a súa vida e a súa gran paixón. Jorge convertiuse no ano 2011 en Campión do Mundo en MX2.
Jorge é o ídolo de Brais De Lino de 5ºC, un alumno do noso colexio que disfruta moito coa súa moto participando en diversas competicións.
Información facilitada por Brais de Lino de 5ºC.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
DEPORTE ESCOLAR
Volei Curso 18-19
O vindeiro Mércores día 28 de Novembro de 2018, dará comenzo a competición escolar de Volei. As 2 xornadas que terá a Competición Escolar este curso serán Mércores día 28 e de Nov e 12 de Dec. Terán lugar no Pavillón do Ceip Randufe . O horario dos partidos será o seguinte: 16:30h a 19:30h. Para participar en ditas xornadas o prazo de inscripción rematará o vindeiro martes día 17 de Novembro. Poden atopar máis información en www.agrudebam.es ou na web do cole na sección Deporte no2/Deporte na Escola/Volei.
Aquí podes descargar a autorización para participar nesta competición.
Aquí poden atopar a nota cos horarios.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
DEPORTE ESCOLAR.
Dinamización Intercentros
Ceip Nº2-Cep Pedro Caselles de Tui
Curso 18-19
Xoves día 29 de Novembro de 2018
O vindeiro xoves día 29 de Novembro de 2018 terá lugar no pavillón vello de Tui, a 1ª Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Cep Pedro Caselles. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 6ºA, 4ºB. Os/as nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CLUBE BALONMÁN TUI
O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui comezou a xogar a liga da temporada 18/19 da competición. O pasado 17 de Novembro de 2018, os nosos deportistas xogaron, unha nova xornada contra o equipo de Chapela A. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.
Os parciais foron: Chapela A-C.B.Tui: 3-3/0-3/3-1/4-3
Moi bo partido, ainda que o equipo de Chapela A foi superior e gañou. Non pasa nada o importante e xogar e facelo o mellor posible.
Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 5ºA. Grazas
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Proba de Campo a Través Zonal
Benxamín 18-19.
Torreiro de Festas de Guillarei ( Tui)
Venres 16 Nov 2018
O pasado día 16 de Novembro, en horario de mañá, tivo lugar a proba de Campo a Través da presente Campaña Deportiva, nas Instalacións do Torreiro de Festas de Guillarei en Tui. O Ceip plurilingüe Nº2 de Tui participou cos/as nenos/as de 2º e 3º.
Unha fantástica xornada na que disfrutamos dun día de convivencia con nenos e nenas dos Ceip Pintor Antonio de Goián, do Ceip de Tebra, do Ceip de Barrantes, do Cep Pedro Caselles, do Ceip de Sobrada, do Ceip de Randufe, do Ceip de Rebordáns, do Ceip Nº1 de Tui, do Ceip de Guillarei e do Cep Altamira de Salceda. Grazas a todos por facer posible que os nenos e nenas do Ceip Nº2 de Tui o pasáramos xenial.
|
|
|
|
|
|