Novas Deporte Escolar
|
|
|
|
XVII Torneo Internacional de MiniBasket
5ª Eurocidade
5-6-7 de abril de 2019.
Pavillón de Valença
Os pasado fin de semana, do 5-7 abril tivo lugar o XVII Torneo Internacional de MiniBasket 5ª Eurocidade, no Pavillón de Valença, no que participaron 30 equipos de Portugal e de España.
Este torneo incluía varias categorías:
· Sub 8/10 mixto.
· Sub 12 feminino.
· Sub 12 masculino.
Nesta última categoría participou o equipo do C.B. Tui, no que xogaron varios alumnos do noso colexio: Stefany Sofía de 6ºA, Roque e Diego de 5ºA, Gonzalo e Héctor Ilias de 5ºB e Unai de 4ºA.
Ademais de compartir con outros equipos a fin de semana, estes xogador@s tiveron a oportunidade de gozar de un gran nivel de baloncesto.
Noraboa e a seguir traballando e esforzándose neste deporte que vos enche de ledicia.
Información facilitada pola familia de Diego de 5ºA. Moitas grazas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Finais Tenis de Mesa 18-19.
Pav. Ceip Sobrada Tomiño.
10 de Abril de 2019
O vindeiro, Mércores día 10 de Abril, vai ter lugar a a Xoranda Final da Competición Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:45h, da presente campaña Deportiva 18-19 no Pavillón de Sobrada. O autobús sairá do Ceip Nº2 de Tui ás 16:00h e a volta será a carón das 20:00h, pasará polas paradas de Rafi, Rotonda e Areas. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se tiveran e chandal do mesmo. Os nenos que vaian a Sobrada directamente terán que estar alí ás 16:15h. Se xurdira algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Milla Erasmus+
30 de marzo de 2019.
Durante o mes de marzo de 2019 seguimos en cada recreo realizando a milla Erasmus+. Case todos os alumnos do cole aproveiramos este momento para realizar a milla e conseguir o noso gomet, para poner na clase e sumar millas. Durante o segundo trimestre tivemos gomets vermellos, a cor correspondiente a Torrevieja e agora xa estamos mudando á cor verde que corresponde a Dublín.
Como podedes comprobar no panel da Milla Erasmus+ @s nen@s de Infantil, 1ºA, 1ºB, 4ºB, 6ºB, 6ºC xa chegaron a Torrevieja.
Despois de tanto esforzo, Lúa deixounos un agasalliño nas aulas aos que chegamos. Unha carta animándonos a seguir sumando millas, para chegar a Dublín e unha pulseira de cor vermello a cor de Torrevieja.
A Lúa gustaríalle que as clases que ainda non chegaron a Torrevieja, se animen a sumar moitas millas durante o mes de abril, pois para elas tamén ten un agasalliño.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Tenis de Mesa 18-19.
Pav. Ceip Sobrada Tomiño.
3 de Abril de 2019
O vindeiro mércores día 3 de abril, vai ter lugar a 2ª Xornada da Competición Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:45h, da presente Campaña Deportiva 18-19 no Pavillón de Sobrada. O autobús sairá do Ceip Nº2 de Tui ás 16:00h e a volta será a carón das 20:00h; pasará polas paradas de Rafi, Rotonda e Areas. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio (se a tiveran) e chándal do mesmo. Os/as nenos/as que vaian a Sobrada directamente terán que estar alí ás 16:15h. Se xurdira algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Iniciación ao Mindfulness.
Formación para o profesorado.
"Promovendo un estilo de vida san e saudable!"
Martes 26-03-19
O pasado martes 26 de marzo de 2019, o profesorado do centro tivo a oportunidade de desfrutar con Pilar Durán Otero, mestra de Educación Primaria no C.E.I.P Guillarei e monitora de Mindfulness, dunha xornada de iniciación a un estilo de vida san e feliz, tan como indica o proxecto Erasmus+ que estamos a levar a cabo no centro.
Nesta formación explicounos en que consiste o Mindfulness, incidiu na importancia de incorporalo á vida do centro educativo, e os beneficios que orixina a súa práctica no día a día nas nosas vidas.
A relaxación, a tranquilidade, aprender a coñecernos mellor, recoñecer o noso estado de ánimo, as nosas emocións e saber xestionalas, son fundamentais para @s nen@s e para nós mesmos, nesta sociedade actual, tan innovadora, diversa, tecnolóxica... pero moitas veces estresante.
Experimentamos Mindfulnes na aula; aquí vós deixamos algunhas fotos de canto desfrutaron os nenos e as nenas e se implicaron na actividade.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Tenis de Mesa 18-19.
Pavillón Ceip Sobrada Tomiño.
27 de marzo de 2019
O vindeiro mércores día 27 de marzo vai ter lugar a 1ª Xornada da Competición Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:45h, da presente Campaña Deportiva 18-19 no Pavillón de Sobrada. O autobús sairá do Ceip Nº2 de Tui ás 16:00h e a volta será a carón das 20:00h; pasará polas paradas de Rafi, Rotonda e Areas. Todos os/as participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio, se tiveran, e chándal do mesmo. Os nenos e as nenas que vaian a Sobrada directamente terán que estar alí ás 16:15h. Se xurdira algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Traballiños do Entroido 19
Durante a semana do 25 ao 28 de febreiro comezamos a desfrutar do Entroido. Así que nas clases traballaron a reo para preparar as comparsas, disfraces e complementos para a festa do venres.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Lúa, Meco do Entroido 2019
Durante a semana do 25 ao 28 de febreiro comezamos a desfrutar do Entroido co Meco. Lúa, transformada un curso máis en meco, foinos deixando cada día unha orde para que viñeramos con algunha cousiña que día a día se tiña que ir sumando ata converterse nun disfrace deportivo. Aquí vos deixamos as ordes e algunha mostra do ben que o pasamos. Grazas Lúa por converternos nuns deportistas de excepción.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Seguimos o Deporte
Angel José, de 4ºB, Campeón Junior do Torneo Noite e Día
O alumno Angel José de 4ºB, ven de proclamarse Campeón Junior no Torneo Noite e Día, celebrado o día 9 de Marzo de 2019. Angel José, moi afeccionado ao deporte de Tiro, foi campeón nas categorías de pistola con boliñas e tiro con carabina. Noraboa polos teus grandes éxitos e por compartilos con nós.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
DEPORTE ESCOLAR.
Xornada de Atletismo en pista.
A Macoca ( Pazos de Reis)
Curso 18-19
Venres día 22 de Marzo de 2019
O pasado venres día 22 de Marzo de 2019 tivo lugar nas instalación de A Macoca a xornada de Atletismo en pista que se levou a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente e os cursos participantes foron 5ºA, 5ºB e 5ºC.
Na xornada tiveron lugar probas de atletismo diversas: lanzamento de vortex, lanzamento de peso, salto de lonxitude, 60m lisos, 500m lisos e 4x60m relevos. Unha xornada onde todos os participantes disfrutaron moito das probas.
Noraboa aos participantes e aos gañadores.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Tenis de Mesa 18-19.
Pav. Ceip Sobrada Tomiño.
27 de Marzo, 3 e 10 de Abril de 2019
Os vindeiros mércores 27 de Marzo, 3 e 10 de Abril vai ter lugar a competición escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:30h, da presente Campaña Deportiva no Pavillón do Ceip de Sobrada. Ditas xornadas están destinadas os/as nenos/as de 3º, 4º, 5º a 6º que queiran participar. A data límite de inscripción remata o vindeiro luns 25 de Abril de 2019.
Aquí vos deixamos a folla de inscripción por se fose do voso interese. Animádevos a participar.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
DEPORTE ESCOLAR.
Xornada de Atletismo en pista.
A Macoca ( Pazos de Reis)
Curso 18-19
Venres día 22 de Marzo de 2019
O vindeiro venres día 22 de Marzo de 2019 terá lugar nas instalación de A Macoca a xornada de Atletismo en pista que se levará a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente e os cursos participantes serán 5ºA, 5ºB e 5ºC.
Os/as nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chándal ( o do cole se o tiveran), equipación do mesmo, gorra, mochila de Educación Física e merenda.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Deporte en Familia
Nico de 5ºB en Castro Laboreiro
no Parque Nacional da Peneda-Gerês, en Portugal.
9-10 de febrero 2019.
O pasado fin de semana, o 9 e 10 de febrero, Nico de 5ºB tivo a oportunidade de desfrutar duns días coa familia en Castro Laboreiro, no Parque Nacional da Peneda- Gerês en Portugal.
Unha viaxe fantástica no que Nico se converteu no noso reporteiro deportivo e fixo unhas fotos estupendas, que vós mesmos podedes valorar. Nico invítavos a desfrutar coas vosas familias deste lugar con encanto que está a poucos kilómetros de Tui.
Moitas grazas Nico, gran traballo.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
V Gala do Deporte de Tomiño
9 de marzo de 2019
A V Edición da Gala do Deporte celebrarase no Auditorio de Goián co obxectivo de premiar ás e aos deportistas tomiñeses destacados neste último ano.
Durante o evento entregáronse diferentes galardóns, como o de mellor deportista feminina e masculino, mellor evento deportivo e deportista con maior proxección, entre outros. Moitos de estes premiados foron antigos alumn@s das escolas de Tomiño que forman parte da Agrupación Deportiva de Deporte Base Baixo Miño. Noraboa a tod@s eles e ao Concello de Tomiño, por ter sempre presente a importancia do deporte para unha vida sá e saudable.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Patio de Lúa Infantil.
Cada xoves Lúa saca ao patio os seus xogos favoritos: a comba, o risco, o twister, etc…
@s nen@s de Educación Infantil coa axuda de alumn@s de sexto aprenden e desfrutan destes xogos no seu tempo de lecer.
|
|
|
|
|
|