@s alumn@s de 4ºB, no mes de febrero de 2019, quixeron compartir con nós, a súa afección e paixón polo patinaxe. Todos eles forman parte das escolas deportivas de patinaxe do Concello de Tui ou do Club Ribex Tui. Carmen, Inés, Dani, Alejandra e Agar trouxeron á escola os seus patíns e a vestimenta que usan para patinar. Moitas grazas, gustounos moito todo o que nos ensinástedes.
O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui comezou a segunda rolda da liga da temporada 18/19 da competición. O pasado 9 de Marzo de 2019, os nosos deportistas xogaron, unha nova xornada contra o equipo da S.A.R. Neste equipo xogan e desfrutan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.
Os parciais foron: S.A.R-C.B.Tui: 7-8/6-6/7-6/4-6
Moi bo partido, onde o equipo de Tui foi superior e gañou.
Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 5ºA. Grazas.
Do 25 de febreiro ao 1 de marzo, o alumnado de Primaria tivemos no colexio o Xogo “Un partido polo Planeta” de Sogama. Con el tivemos a oportunidade de aprender cousas interesantes sobre a reciclaxe. Xogamos, fixemos probas e sobre todo divertímonos co compromiso, que nos marcaba o manifesto, de "reciclar na escola, na casa e na nosa vida", para ter un planeta máis limpo e mellor no futuro.
Carlos, de 5ºC, quixo compartir con nós a súa experiencia en natación, un deporte que practica con moitos amigos na piscina de Portugal. Explicounos os estilos de natación que aprendeu: kroll, braza, espalda, mariposa; tamén, coma son os campionatos e os tipos de "golfiños" que poden acadar.
Este curso o DEPORTE, un dos pilares fundamentais para poder levar unha vida feliz e saudable, foi o protagonista do Entroido.Polo escenario que montamos no patio do colexio pasaron xogadores de polo, submarinistas, pilotos de Fórmula 1, levantadores de pesas, xogadores de birlos, surfistas, xinetes, árbitros de fútbol e practicantes de "parkour".Tódolos grupos prepararon unha actuación para o resto do alumnado e para as familias que nos quixeron acompañar.Logo houbo unha "cuchipanda" con produtos propios desta época (filloas, orellas, flores, chulas...) e música e baile para rematar a festa
O pasado sábado 22 de febreiro de 2019 tivo lugar no Área Panorámica de Tui a Gala do Deporte 2018, que recoñeceu a labor de deportistas, adestradores, clubs, entidades que están compromotidas co deporte tudense. Asistimos do noso centro as profesoras do equipo de "Deporte no 2": Patri, Sara, Lorena, Susi e Bea. Un evento no que desfrutamos da boa saúde que ten o deporte en Tui. Moitas felicidades aos galardoados/as e os mellores desexos para os/as deportistas tudenses.
O venres día 1 de marzo, tivemos unha xornada intensa de Entroido, con desfile, baile e para rematar fixemos unha "cuchipanda" saudable, que estaba riquísima. Tivemos cousiñas típicas do Entroido de Galicia, aportadas polas familias: orellas, filloas, flores, rosquillas, chulas, magdalenas…
Vimos de rematar o reconto do mes de febreiro e varias clases xa chegaron a Torrevieja. Este mes estreamos circuíto novo, xa que Lúa arranxouno e a ver se entre todos facemos o posible para que non se volva a estragar. Moitas grazas a tod@s nen@s que seguides facendo a milla de forma responsable, sumando millas para a vosa clase e desfrutando dun estilo de vida saudable e feliz.
O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui comezou a segunda rolda da liga da temporada 18/19 da competición. O pasado 2 de marzo de 2019, os/as nosos/as deportistas xogaron, unha nova xornada contra o equipo de Vilagarcia. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.
Os parciais foron: C.B.Tui -Vilagarcia: 4-5/5-4/2-7/8-2
Moi bo partido, onde o resultado foi de empate.
Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 5ºA. Grazas.
O pasado domingo 17 de febreiro tivo lugar en Ponteareas o Campionato Galego de Bádminton clasificatorio para o Campionato de España.
Do Club Bádminton Tui participaron en SUB11: Lía Salvado, Roque Fernández e Guillermo Valdés; e en SENIOR Marisa Giráldez ( presidenta e alma do club)
Os grandes resultados acadados foron:
- Lia Salvado e Roque Fernández, que chegaron a cuartos de finais en Dobres Sub11. - Lia Salvado, que tamén chegou a cuartos de final en Individual Sub11. - Roque Fernández, que chegou a octavos Individual Sub11.
- Felicitar de forma moi especial a Marisa Giráldez que acadou 2 medallas: PLATA na categoría Senior individual e BRONCE en dobles xunto a Julio Fernández do Athlos. BRAVO MARISA!
Felicitar también a Pablo Méndez, do Clube As Neves e responsable técnico do noso clube, que logrou Ouro en Individual e Prata en dobres, na categoría Senior.
O pasado mércores 20 de febreiro tivo lugar a Xornada Final da competición escolar de Bádminton, das categorías Benxamín (3º e 4º), alevín ( 5º e 6º) e Infantil (Repetidores de 6º), no Pavillón Municipal de Tomiño. Unha tarde fantástica de Bádminton na que tod@s @s participantes gozaron cos compañeir@s da zona de Tomiño.
Aquí vos deixamos o enlace ás clasificacións que atoparedes na web de Agrudebam e ás fotos da xornada.
O vindeiro mércores 20 de febreiro terá lugar a Xornada Final da competición escolar de Bádminton, das categorías Benxamín (3º e 4º), alevín ( 5º e 6º) e Infantil (Repetidores de 6º), no Pavillón Municipal de Tomiño. A esta xornada asisten o alumnado clasificado nas xornadas anteriores. De non poder asistir a esta xornada, sería importante comunicalo á maior brevidade posible para darlle a posibilidade de asistir ao alumnado en reserva. O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 20:30h. Teredes que traer calzado para cambiar, equipación do colexio, se a tedes, e chándal do mesmo. Os/as nenos/as que vaiades a Tomiño directamente debedes que estar alí ás 16:30h. Se tedes algunha dúbida podedes chamar ao teléfono: 650602161.
O equipo Alevín do Clube Balonmán de Tui comezou a xogar a liga da temporada 18/19. O pasado 17 de febreiro de 2019, os nosos deportistas enfrontáronse nun novo partido contra o equipo de Carballal B. Neste equipo xogan Uxía, Silvia, Lía e Daniela.
Os parciais foron: Carballal B-C.B.Tui: 6-8/3-3/11-8/5-7
Moi bo partido, onde o equipo de Tui foi superior e gañou.
Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 5ºA. Grazas.
No mes de decembro alumnado de 6º do noso colexio, tivo a oportunidade de entrevistar aos padexeiros Enrique Míguez, medalla de bronce nos Xogos Olímpicos dos Anxeles en 1982 e a Manu Garrido Campión do Mundo de Piragüismo. Aquí vos deixamos o vídeo que forma parte das actividades a levar a cabo neste curso con motivo do Proxecto Erasmus+ " Promovendo un Estilo de Vida Saudable e Feliz".
Moitas gracias a Manu e a Quique, sempre dispostos a colaborar co alumnado do noso centro. Grazas pola aportación da vosa experiencia deportiva e humana.
O pasado domingo 17 de febreiro de 2019, levouse a cabo a Carreira de San Miguel de Oia en Vigo. Alí estivo participando na categoría Alevín Masculino, Nicolás Freiría de 5ºB co seu club o Club Atletismo Porriño.
Noraboa Nico, polo teu esforzo, e pola túa paixón por este deporte.
Moitas gracias a Nico e a súa familia por achegarnos esta información.