Resultados da enquisa sobre
"Hábitos de Vida Saudables".
Dende o proxecto Erasmus+ do Ceip Nº2 de Tui "Promovendo un estilo de vida saudable e feliz", solicitamos a vosa colaboración anónima como mestres, alumn@s e pais/nais do alumnado do centro.
Convidámosvos a cubrir a enquisa de xeito anónimo, aló polo mes de decembro. Xa temos os resultados da mesma. Grazas por dedicar ao proxecto Erasmus+ un anaquiño do voso tempo e reflexionar sobre a importancia que ten a actividade física nas vosas vidas. Aquí vos deixamos os resultados para que valoredes.