Novas Deporte Escolar
|
|
|
|
Proba de Campo a Través Escolar
Benxamín 19-20.
Venres 15 Nov 2019
O Vindeiro venres día 15 de Novembro, en horario de mañá, vai ter lugar a proba de Campo a Través da presente Campaña Deportiva, organizado pola Agrupación Deportiva Baixo Miño en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte, nas Instalacións Cep Pedro Caselles de Tomiño. O Ceip plurilingüe Nº2 de Tui participará cos/as nenos/as de 2º e 3º, que asistirán á proba en autobús e cos mestres do centro. Tod@s @s alumn@s deberán levar merenda, a equipación do colexio e o chandal do mesmo se o tiveran. Os nenos e nenas asistirán a escola como calquera día normal de clase e sairán e voltarán ao colexio para levar a cabo a proba. Non varía o horario habitual e o desprazamento é gratuito.
Todas as familias poderan asistir á proba para disfrutar da xornada.
Atoparedes máis información da proba se pinchades aquí en Agrudebam.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CLUBE BALONMÁN TUI
O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui segue a xogar a primeira rolda da liga da temporada 19/20 da competición. O pasado 17 de novembro de 2019, os nosos deportistas xogaron, unha nova xornada contra o equipo da SAR. Neste equipo xogan e gozan do balonmán Uxía, Gabriel, Lía e Iago.
Os parciais foron: C.B.Tui-SAR: 6-4/12-1/6-5/6-5
Moi bo partido, onde o equipo de Tui xogou moi ben e que logrou gañar.
Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 6ºA. Grazas
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CLUBE BALONMÁN TUI
O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui segue a xogar a segunda xornada da liga da temporada 19/20 da competición. O pasado 10 de novembro de 2019, os nosos deportistas xogaron, unha nova xornada contra o equipo do Carballar. Neste equipo xogan e gozan do balonmán Uxía, Gabriel , Iago e Lía .
Os parciais foron: Carballal-C.B.Tui: 3-10/4-6/5-4/5-5
Moi bo partido, onde o equipo de Tui xogou moi ben e logrou gañar.
Tamén victoria do equipo Infantil contra o equipo Rebusca de Ribadavia 25-24.
Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 6ºA. Grazas
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Promoción de Tenis de Mesa.
O pasado luns 11 de novembro de 2019, tivemos a Vladimir e Javier do Club Tenis de Mesa que adestra no Casino de Tui .
Con eles, o alumnado de 4º coñeceu o Tenis de mesa e disfrutamos xogando coas raquetas e pelota. Tamén nos convidaron a visitar as instalacións do Casino os martes de 16:00 a 17:30 e disfrutar do Tenis de mesa. Moitas, moitas grazas.
Table Tennis promotion
On Monday 11th, we had Vladimir and Jvier from Casino de Tui table tennis club in our school.
With them, 4th grade students learn and enjoy practicing with rackets. They also invited us to visit their sports facilities on Tuesday (16:00-17:30).
|
|
|
|
|
|
|
|
|
DEPORTE ESCOLAR.
Dinamización Intercentros
Ceip Nº2-Cep Pedro Caselles de Tui
Curso 19-20
Venres día 8 de Novembro de 2019
O pasado venres día 8 de Novembro de 2019, tivo lugar no pavillón vello de Tui, a 1ª Xornada de Dinamización Intercentros entre o Ceip Nº2 de Tui e o Cep Pedro Caselles de Tomiño.
A xornada levouse a cabo de 10:00 a 13:45h aproximadamente no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes foron 5ºA e 3ºA.
Aquí vos deixamos as fotos dos bos momentos vividos e xogados cos amigos do Cep Pedro Caselles.
Grazas por facer posible unha xornada onde disfrutamos e pasámolo moi ben xogando a: Minibalonmán, Minibaloncesto, Minivolei, Bádminton e Fútbol-sala.
On Tuesday November 8th, CEIP Nº2 and CEP Pedro Caselles played together several sports in the “1st Intercentres meeting”.
Here are some pictures of the great moments that students from 5th grade A and 3rd grade A spent with Pedro Caselles’ colleagues.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Deporte en Familia
Rianxo.
Rianxo é unha vila mariñeira da que nos da conta a profe Olga. Un lugar para desfrutar en familia do seu entorno, das súas praias e sobor de todo da súa fauna: Golfiños, nutrias e moitos animais son os que se poden ver nas súas ribeiras.
Moitas gracias a Amancio Losada, o marido da profe Olga, por estas fotos tan bonitas e impresionantes, que nos dan boa conta do que en Rianxo podemos disfrutar en familia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CLUBE BALONMÁN TUI
O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui segue a xogar a primeira rolda da liga da temporada 19/20 da competición. O pasado 2 de novembro de 2019, os nosos deportistas xogaron, unha nova xornada contra o equipo do Guardés. Neste equipo xogan e gozan do balonmán Uxía, Gabriel, Lía e Iago.
Os parciais foron: Guardés- C.B.Tui: 2-1/0-7/3-6/1-8
Moi bo partido, onde o equipo de Tui xogou moi ben e logrou gañar.
Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 6ºA. Grazas
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Volta ao Mundo de Lúa.
No mes de setembro, coincidindo co día Internacional do Deporte, Lúa puxo en marcha a Milla. O alumnado do cole debería percorrer millas cada recreo, para entre todos/as conseguir dar a volta ao mundo.
Rematado o mes de outubro, Lúa comprobou que fixemos 2.254 millas ( 3.627,5 km).
1ºA 83 1ºB 98
2ºA 130 2ºB 229
3ºA 69 3ºB 80
4ºA 96 4ºB 91
5ºA 83 5ºB 93 5ºC 82
6ºA 160 6ºB 124 6ºC 51
Así que lles enviou unha postal a cada clase, agradecendo o bo traballo e fíxolles entrega dun ingrediente que poideran usar no restaurante de Lúa: Sal das Salinas de Figueira da Foz.
Con todas estas millas, Lúa saíu de Tui, pasou por Figueira da Foz, Lisboa, Faro, Sevilla, Granada, Toledo, Madrid e finalmente chegou a Torrevieja en Alacante. Alí descubriu que nesta cidade tamén teñen gran tradición de salinas. Algo que une a Torrevieja e a Figueira da Foz.
Algunhas clases gardárono para cociñar, outras repartiron o sal en bolsiñas e levárono para degustar coas súas familias.
Lúa convidou aos nen@s a seguir facendo millas no mes de novembro, a ver a onde chegamos esta vez. Animádevos a facer moitas millas cada día!
Lua's trip around the world!
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Camiño Aventura.
@s alumn@s de 4º percorren 5 km do
Camiño de Santiago Portugués.
29 de outubro de 2019
O pasado martes día 29 de outubro de 2019 @s alumn@s de 4º do CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui percorreron 5 km do Camiño de Santiago Portugués. Como xa fixeran os seus compañeir@s de 3º e 5º saíron dende a Ponte das Febres en Ribadelouro e remataron en Orbenlle.
Tiveron oportunidade de observar moita fauna e moita flora. Coas chuvias tiveron oportunidade de ver anfibios, insectos, moitas setas, etc...
Moitas gracias a Ana de Alecrín por tantas cousas interesantes que nos contou.
“Camiño aventura” 4th grade students walk 5km of the Santiago’s Portuguese Route.
On Tuesday 29th October, 4th grade students walked 5km os Santiago´s Portuguese Route, as their 3rd and 5th grade mates did. They began in Ponte das Febres (Ribadelouro) and finished in Orbendelle.
They saw lots of plants and animals. Due to the rain, they could see many anphibians, insects, mushrooms,…
Thank you Alecrin for so many interesting things.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CLUBE BALONMÁN TUI
O equipo Infantil do clube Balonmán de Tui segue a xogar a liga da temporada 19/20 da competición. O pasado 27 de outubro de 2019, os/as nosos/as deportistas xogaron, unha nova xornada contra o equipo de Salceda.
Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Lía e Yesica.
Moi bo partido, onde o resultado non foi favorable.
Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 6ºA. Grazas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CLUBE BALONMÁN TUI
O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui ven de comezar a liga 19-20, este fin semana do 26 de outubro de 2019 xogando ante o Chapela o primeiro partido da presente liga .
Os parciais foron: C.B.Tui-: 6-2/3-4/7-3/8-0
Un triunfo que deixa boas sensacións para a vindeira tempada. Noraboa a todo o equipo polo gran traballo de esta tempada.
Na categoría Infantil feminino do clube tamén xogan Lía, Uxía e Yesica e antigas alumnas do cole. Un equipo con moita ilusión que vai mellorando pouco a pouco.
Moito ánimo e moitas gañas que non falten campionas.
Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 6ºA.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Camiño Aventura.
@s alumn@s de 5º percorren 5 km do
Camiño de Santiago Portugués.
28 de outubro de 2019
O pasado luns día 28 de outubro de 2019 @s alumn@s de 5º do CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui percorreron 5 km do Camiño de Santiago Portugués. Como xa fixeran a semana pasada os seus compañeir@s de 3º saíron dende a Ponte das Febres en Ribadelouro e remataron en Orbenlle.
A actividade, patrocinada pola Xunta de Galicia e Xacobeo 2021 para potenciar o uso do camiño, foi dirixida pola empresa de educadores ambientais Alecrín.
Durante a xornada o alumnado achegouse a un estilo de vida saudable mediante a actividade física no medio natural, á vez que participou, dividido en grupos, na resolución de diferentes retos encamiñados a coñecer mellor as lendas, a fauna e a flora do camiño.
Tamén tiveron oportunidade de observar a diversidade e a cantidade de peregrinos que percorren estes días o Camiño para chegar a Santiago.
“Camiño aventura” 5th grade students walk 5km of the Santiago’s Portuguese Route.
On Monday 28rd October, 5rd grade students walked 5km of the Santiago’s Portuguese Route. They began in Ponte das Febres (Ribadelouro) and finished in Orbendelle.
Funded by Xunta de Galicia, this programme helped students to develop a healthy activity where they found out about legeds, flora and fauna.
They´ve also had the chance to meet diferent pilgrims who were walking these days.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
IV Urban Trail Night Eurocidade Valença-Tui
Os alumnos de 6º do Ceip Nº2 de Tui, Iria, Ruth, Zanah, Lucas, Erea, Alexandre, Gabriela e Yesica, xunto ao equipo de Deporte no 2, participaron como voluntarios no desenrolo da proba. Unha sorte e unha satisfacción poder colaborar nesta proba. Aquí vos deixamos un exemplo do ben que o pasamos e da importancia que ten colaborar e axudar nas probas deportivas para que estas se leven a cabo con éxito. Moitas gracias tamén á profe Montse, a profe Patri, a Fernando, a Hernán, a Juan, a Iago e a todas as familias pola axuda.
IV Urban Trail Night Eurocidade Valença-Tui
Some 6th grade students from CEIP Nº2, apart from some sports team teachers participated as volunteers in the trail. It was a great experience colaborate in this activity. Here you have some pictures in which we are having a great time.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
XORNADA DE XOGOS POPULARES PARA Educación Primaria.
Venres 25 de outubro
O pasado venres 25 de outubro tivo lugar a xornada de xogos populares galegos, para os alumnos/as de Ed. Primaria.
Tiveron oportunidade de xogar a xogos antigos contados e ensinados polos nenos e nenas de 6º de Ed. Primaria. Tamén tivo lugar a tradicional baixada de Carrilanas, feitas artesanalmente polas familias. Aquí vos deixamos as fotos do ben que o pasaron.
Popular games for Primary Education
On Friday 28rd, our students from Primary Education enjoyed a "popular games day".
They played a series of ancient games with the help of 6th grade pupils. Thank you 6th grade for all your help.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Manu Garrido 4º Clasificado
no Campionato do Mundo de Marathón de Piragüismo
Outubro de 2019 China
O pasado mes de outubro de 2019, Manu Garrido proclamouse 4º Clasificado no Campionato do Mundo de Marathón de Piragüismo, que tivo lugar en China.
Manu adestrou moi duro, buscou o apoio dos seus: familia, amigos, tudenses, xente que lle ten aprecio...e chegou a China con un lema:Antes de acadar un soño, debes creer que podes facelo. Con gañas e ilusión deu o mellor de sí. Rematar cuarto nunha proba tan dura, fai que para nós Manu sexa un Campeón. Noraboa.
|
|
|
|
|
|