A Volta ao Mundo de Lúa.
No mes de setembro, coincidindo co día Internacional do Deporte, Lúa puxo en marcha a Milla. O alumnado do cole debería percorrer millas cada recreo, para entre todos/as conseguir dar a volta ao mundo.
Rematado o mes de outubro, Lúa comprobou que fixemos 2.254 millas ( 3.627,5 km).
1ºA 83 1ºB 98
2ºA 130 2ºB 229
3ºA 69 3ºB 80
4ºA 96 4ºB 91
5ºA 83 5ºB 93 5ºC 82
6ºA 160 6ºB 124 6ºC 51
Así que lles enviou unha postal a cada clase, agradecendo o bo traballo e fíxolles entrega dun ingrediente que poideran usar no restaurante de Lúa: Sal das Salinas de Figueira da Foz.
Con todas estas millas, Lúa saíu de Tui, pasou por Figueira da Foz, Lisboa, Faro, Sevilla, Granada, Toledo, Madrid e finalmente chegou a Torrevieja en Alacante. Alí descubriu que nesta cidade tamén teñen gran tradición de salinas. Algo que une a Torrevieja e a Figueira da Foz.
Algunhas clases gardárono para cociñar, outras repartiron o sal en bolsiñas e levárono para degustar coas súas familias.
Lúa convidou aos nen@s a seguir facendo millas no mes de novembro, a ver a onde chegamos esta vez. Animádevos a facer moitas millas cada día!
Lua's trip around the world!