O pasado martes día 12 de decembro de 2019 tivo lugar no pavillón vello de Tui a 2ª Xornada de Dinamización Intercentros entre o Ceip Nº2 e o Ceip Sobrada. A xornada levouse a cabo de 9:15 a 13:45h e os cursos participantes do noso colexio foron 4ºA e 6ºC.
Foi unha xornada onde todo o alumnado desfrutou da práctica do minibalonmán, volei, bádminton, baloncesto e fútbol-sala.
Moitas grazas ao alumnado e profesorado do noso centro, do colexio de Sobrada por esta xornada distendida e deportiva.
Intercentres dynamization CEIP Nº2- CEIP Sobrada.
On December 12th, students from 4th Grade A and 6th Grade C shared a great time playing with the students from CEIP Sobrada. They played Volley, Badminton, Basketball and Football.
O vindeiro martes día 12 de decembro de 2019 terá lugar no pavillón vello de Tui, a 2ª Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Sobrada. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 4ºA, 6ºC. Os/asnenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.
Xa está aquí, a cuarta edición do Torneo de Nadal - Deputación de Pontevedra, que organiza o Club Bádminton Tui.
Será como é costume na tarde do día 20, último venres antes das vacacions de nadal. E pasaremos unha tarde de bádminton e festa no Pavillón do IES San Paio de 16 a 21 h.
Xogarase en 4 categorías: Sub11, Sub15, Absoluto e Recreativo
É necesario inscribirse previamente no email ou teléfonos do clube (cbtui2015@gmail.com / 649 901 305 / 685 960 370) Os inscritos deberán levar o día do torneo un kilo de comida que será entregado a Sos Tomiño Baixo Miño.
O mércores día 4 de decembrotivo lugar a 2ªxornada da competición escolar de volei no Pavillón do Ceip Randufe. Esta tamén foi a derradeira xornada da competición, na que se levou a cabo a entrega de medallas a tódolos participantes.
Na categoría benxamín participaron 3 equipos formados por nen@s de 3º e 4º. Na categoría alevín participaron 4 equipos do noso colexio, formados por alumnado de 5º e 6º.
Tamén participou un alumno na categoría infantil. Noraboa a tod@s por esta xornada de volei, onde o importante foi a convivencia e o volei.
Aquí vos deixamos o enlace a Agrudebam onde podedes ver os resultados. Moitas grazas a Agrudebam por xornadas coma esta.
Volleyball championship
On December 4th there was the school Volleyball championship in CEIP Randufe. It was the last journey of the competition so the medals were handed too.
From our school three teams from 3rd and 4th grade and 4th teams from 5th and 6th grade, among others, participated.
O Mércores día 4 de decembro,terá lugar a 2ªxornada da competición escolar de volei, no Pavillón do Ceip Randufe. Esta tamén será a derradeira xornada da competición, na que se levará a cabo a entrega de medallas a tódolos participantes. O autobús sairá ás 16:15h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:30h. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio setiveran e chándal do mesmo. Os/asnenos/as que vaian a Randufe directamente terán que estar alí ás 16:30h. Para calquera dúbida poderán chamar ao teléfono: 650602161 e tamén atoparán máis información na web: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnumero2tui/
O pasado mércores día 27 de novembro deu comezo a competición escolar de volei. A 1ª xornada tivo lugar no Pavillón do Ceip Randufe.
Do colexio participamos 35 alumnos, distribuidos en 4 equipos alevíns e 3 equipos Benxamíns.
Foi unha tarde fantástica na que desfrutamos do volei, cos nenos e nenas do Cep Pedro Caselles, do Ceip Antonio Fdez de Goián, do Ceip de Randufe, do Ceip de Barrantes e do Ies Antón Alonso Ríos de Tomiño.
Moitas grazas a Agrudebam por organizar xornadas coma esta.
Volleyball 19-20
On November 27th, school volleyball championship began in CEIP Randufe.
From our school, 35 students participated. It was a great journey with the students from Cep Pedro Caselles, Ceip Antonio Fdez, Ceip de Randufe, Ceip de Barrantes and Ies Antón Alonso Ríos.
Antón de 3ºB, quixo compartir con nós a súa paixón polo Skate, o seu deporte favorito. Na clase do día 27 de novembro trouxo o skate que él fabricou cos seus pais. O seu curmán regaloulle a taboa, él e o seu pai mercaron as rodas e a pintura para poñerlle uns cadrados con moito e datalle e para rematar situarlle unhas pegatinas que lle dan un toque singular. Sorprendente e meticuloso o traballo realizado, casi de profesional Antón.
Despois, Antón tamén nos explicou distintas formas de desplazarse co Skate, que aprende en Gondomar a onde vai practicar. Contounos dos diferentes tipos de saltos: Ollie ( o salto máis básico), Flip, Impossible, etc...
Foi posible tamén que nos mostrara ás súas habilidades sobre o Skate. Noraboa por este gran traballo Antón, nunca deixes de tentar as túas ilusións, estamos seguros que vas a medrar moito como deportista do Skate.
Moitas grazas a familia de Antón por actividades deportivas tan interesantes.
Xa temos a vosa disposición o calendario da Competición de Volei Escolar para este curso 19-20. Como comprobaredes no calendario serán tres mércores consecutivos os días 27 de Nov, 4 e 11 de Dec, en horario de 16:30h a 19.00h no Pavillón do Ceip Randufe. Nesta competición animamos a participar a todo o alumnado de 3º a 6º. Aquí podedes descargar a nota de inscripción.
Recordade que o bus sairá do colexio ás 16:15h e a volta será ao mesmo ás 19:30h. Aquí deixámosvos a nota informativa.
Aquí vos deixamos un rap divertido para que escoitedes e vexades como se prestan os primeiros auxilios. Esperamos que vos guste e aprendades cousas interesantes.
A profe Rosa quere compartir con nós, unha ruta fantástica para realizar deporte en familia e actividade sá e saudable: O Courel en Lugo.
No mes de outubro, tivo oportunidade de visitar este fermoso lugar coa súa familia e os seus amigos.
No Courel atoparedes lugares interesantes, con paisaxes increibles, rutas que descubrir, etc...como lle pasou á profe Rosa.
A Devesa da Rogueira é unha das xoias do Courel, ten unha altura de 1363m e unha distancia de 14 km de dificultade media, está considerada como un dos mellores bosques galegos. Nela están presentes boa parte de especies de árbores, arbustos e flores de Galicia. Na parte alta da Devesa da Rogueira atoparemos as fontes do Cervo e podemos ascender ata o miradoiro do Pico Polín, que nos ofrece unhas vistas impresionantes do Courel. Nesta ruta como nas demáis, podes gozar dunha xornada de sendeirismo excepcional.
Ruta do Río Pequeno.Parte da poboación de Seoane do Courel, ten unha altura de 1027 metros e unha distancia de 13,5 km con dificultade alta. O sendeiro comeza a ascender pola ladeira dunha montaña entre vexetación autóctona e cruza un souto de vellos castiñeiros, ata chegar a Mercurin. A ruta continúa ascendendo permitíndonos unhas boas vistas panorámicas da Serra do Courel, os seus principais picos son Formigueiros e Pía Páxado. Despois comezamos a descender pola ladeira do val do río Pequeno, ata chegar á aldea de Paderme. Case ao final da ruta atópase o Pozo da Grada.
Por último visitamos Seara unha aldea que ten unha fervenza preciosa, chamada fervenza de Vieiros.
Podedes atopar máis información sobre o Courel se pinchades aquí.
Moitas grazas a profe Rosa por achegarnos ata este paraíso natural de Galicia.
O pasado sábado día 23 de novembro, en horario de mañá, tivo lugar a proba de Campo a Través da presente Campaña Deportiva, organizado pola Agrupación Deportiva Baixo Miño en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Tomiño, nas Instalacións Cep Pedro Caselles de Tomiño. O Ceip plurilingüe Nº2 de Tui participou co alumnado de 2º a 6º.
Na categoría Benxamín Feminino o equipo do Ceip Nº2 de Tui foi: Subcampión.
Na categoría Benxamín masculino o equipo do Ceip Nº2 de Tui foi: Sexto clasificado.
Na categoría Infantil Feminino o equipo do Ceip Nº2 de Tui foi: Terceiro clasificado.
Atoparedes máis fotos, o vídeo da proba e as clasificacións se pinchades en Agrudebam.
Noraboa boa a tod@s participantes, grazas a todas as familias dos mesmos e a todo o profesorado e persoas que coa súa axuda fixeron posible que esta proba se levara a cabo: O profe Ramiro, á profe Lucía, á profe Sara, á profe Lorena, a Suso e por suposto a todo o equipo de Deporte no 2. Apertas a tod@s.
Cross Country race
On Tuesday 23rd, a cross country race, organised by Agrupación Deportiva Baixo Miño, took place in CEP Pedro Caselles in Tomiño. 2nd, 3rd, 4th,5th and 6th grade CEIP Nº2 students participated in this event.
Female Benjamin’s category: CEIP Nº2 was runner-up.
Male Benjamin’s category: CEIP Nº2 was 6th ranked.
Male children’s category: CEIP Nº2 was 3rd ranked.
You can find more pictures and information in Agrdebam page.
Congratulations to all participants and thanks to all the families and teachers that helped to make possible this event.
O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui segue a xogar a primeira rolda da liga da temporada 19/20 da competición. O pasado domingo 24 de novembro de 2019, os nosos deportistas xogaron, unha nova xornada contra o equipo da SAR. Neste equipo xogan e gozan do balonmán Uxía, Gabriel, Lía e Iago.
Os parciais foron: C.B.Tui-SAR: 10-5/10-7/7-7/8-7.
Excelente partido, onde o equipo de Tui xogou moi ben e logrou gañar. Noraboa
Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 6ºA. Grazas
O Vindeiro sábadp día 23de Novembro, en horario de mañá, vai ter lugar a proba de Campo a Través da presente Campaña Deportiva, organizado pola Agrupación Deportiva Baixo Miño en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte, nas Instalacións Cep Pedro Caselles de Tomiño. O Ceip plurilingüe Nº2 de Tui participará cos/as nenos/as de 2º a 6ºº, que asistirán á proba en autobús ou coas súas familias.
Todas as familias poderan asistir á proba para disfrutar da xornada.
Atoparedes máis información da proba se pinchades aquí en Agrudebam.
O pasado venres día 15 de Novembro, en horario de mañá, tivo lugar a proba de Campo a Través da presente Campaña Deportiva, organizado pola Agrupación Deportiva Baixo Miño en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte, nas Instalacións Cep Pedro Caselles de Tomiño. O Ceip plurilingüe Nº2 de Tui participou cos/as nenos/as de 2º, 3º e 4º.
Aquí vos deixamos algunhas fotos dos bos momentos vividos nesta xornada de actividade física. Noraboa a todos os participantes.
Atoparedes máis fotos e información das clasificacións en Agrudebam
Cross Country race
On Friday 15th, a cross country race, organised by Agrupación Deportiva Baixo Miño, took place in CEP Pedro Caselles in Tomiño. 2nd, 3rd and 4th grade students participated in this event.
Here are some pictures of the great event. Congratulations to all the participants. You can see more information in Agrudebam page.