Camiño Aventura. @s alumn@s de 5º

Camiño Aventura.

@s alumn@s de 5º percorren 5 km do

Camiño de Santiago Portugués.

28 de outubro de 2019

O pasado luns día 28 de outubro de 2019 @s alumn@s de 5º do CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui percorreron 5 km do Camiño de Santiago Portugués. Como xa fixeran a semana pasada os seus compañeir@s de 3º saíron dende a Ponte das Febres en Ribadelouro e remataron en Orbenlle.

 

A actividade, patrocinada pola Xunta de Galicia e Xacobeo 2021 para potenciar o uso do camiño, foi dirixida pola empresa de educadores ambientais Alecrín.

Durante a xornada o alumnado achegouse a un estilo de vida saudable mediante a actividade física no medio natural, á vez que participou, dividido en grupos, na resolución de diferentes retos encamiñados a coñecer mellor as lendas, a fauna e a flora do camiño.

Tamén tiveron oportunidade de observar a diversidade e a cantidade de peregrinos que percorren estes días o Camiño para chegar a Santiago.

“Camiño aventura” 5th grade students walk 5km of the Santiago’s Portuguese Route.

On Monday 28rd October,  5rd grade students walked 5km of the Santiago’s Portuguese Route. They began in Ponte das Febres (Ribadelouro) and finished in Orbendelle.

Funded by Xunta de Galicia, this programme helped students to develop a healthy activity where they found out about legeds, flora and fauna.

They´ve also had the chance to meet diferent pilgrims who were walking these days.