Proba de Campo a Través Escolar
Benxamín 19-20.
Venres 15 Nov 2019
O Vindeiro venres día 15 de Novembro, en horario de mañá, vai ter lugar a proba de Campo a Través da presente Campaña Deportiva, organizado pola Agrupación Deportiva Baixo Miño en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte, nas Instalacións Cep Pedro Caselles de Tomiño. O Ceip plurilingüe Nº2 de Tui participará cos/as nenos/as de 2º e 3º, que asistirán á proba en autobús e cos mestres do centro. Tod@s @s alumn@s deberán levar merenda, a equipación do colexio e o chandal do mesmo se o tiveran. Os nenos e nenas asistirán a escola como calquera día normal de clase e sairán e voltarán ao colexio para levar a cabo a proba. Non varía o horario habitual e o desprazamento é gratuito.
Todas as familias poderan asistir á proba para disfrutar da xornada.
Atoparedes máis información da proba se pinchades aquí en Agrudebam.