DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

 

Dende 1950 celébrase o 10 de decembro como o Día Universal dos Dereitos Humanos.

Dende a asociación TADEGa faisenos unha proposta para que ese día amosemos e traballemos nas nosas aulas co conto Xandre, o elefante sen sombra, conto que amosará a necesidade da presencia de todas as persoas, con ou sen discapacidades.

E para asegurarnos o acceso ó conto, facilitannos o seguinte enlace:

Xandre, o elefante sen sombra 

POLIDEPORTIVO

A ACTIVIDADE PSICOMOTRIZ REALIZADA NESTE TRIMESTRE NO POLIDEPORTIVO DE RIANXO COMPLEMENTOUSE CON DÚAS SESIÓNS RELACIONADAS COA ALIMENTACIÓN SAUDABLE DESENVOLVIDAS NA AULA ACTIVA DO MAR.

PARA VISIONAR AS ENTRADAS RELACIONADAS CON ESTA NOVA, PREMEDE NOS DISTINTOS ENLACES...

Sesión polideportivo: os animais

Polideportivo e Aula activa

MAGOSTO 2010

DESPOIS DE VARIAS SEMANAS DE ESPERA, A FESTA DO MAGOSTO PUÍDOSE CELEBRAR O DERRADEIRO VENRES DO MES DE NOVEMBRO.

POR VEZ PRIMEIRA, O MAGOSTO CONGREGOU A TODAS AS ESCOLAS DO CRA ( ALUMNOS, MESTRES E NAIS E PAIS) NA ESCOLA DE VACARIZA.

CONSULTADE AS DISTINTAS NOVAS QUE SE SUBIRON Ó PORTAL SOBRE O MAGOSTO...

Escola de Capela

Escola de Rañó

Escola de Cruceiro

SEMANA DE MÚSICA E BIBLIOTECA

OS DÍAS 15, 16 E 17 DE NOVEMBRO TODALAS ESCOLAS DO CENTRO PARTICIPARON NAS SESIÓNS DE MÚSICA E BIBLIOTECA ORGANIZADAS NA SEDE DO CRA EN ATALAIA, ASADOS.

SE QUEREDES VISIONAR AS DISTINTAS NOVAS ELABORADAS POLAS ESCOLAS SOBRE ESTAS ACTIVIDADES PREMEDE NOS SEGUINTES ENLACES:

Música e Biblioteca. Escola de Capela

Aula de música. Escola de Cruceiro

Onde estás? Escola de Cruceiro

Biblioteca e Aula de música. Escola de Pazo

Sesión de biblioteca e música. Escola de Outeiro

Aula de música e biblioteca. Escola de Rañó 

 

DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

 

A Asamblea Xeral da ONU aprobou, en 1959, a Declaración sobre os Dereitos do Neno e da Nena. Por esta razón o 20 de novembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia.
Se queres, podes ver a nova que sobre este tema elaborou a Escola de Capela premendo neste enlace

EDUCÁNDONOS EN SAÚDE

A pesar do mal tempo, un bó grupo de pais, nais e mestres reuníronse na escola de Cruceiro ( Taragoña ) na tarde do venres 19  para falar do importante que é acadar unha alimentación saudable.

O interés amosado polos participantes fixo que a sesión se prolongase máis tempo do que nun principio estaba previsto. 

 

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

DENTRO DO PROGRAMA " EDUCACIÓN PARA A SAÚDE " QUE SE ESTÁ A DESENVOLVER EN TODAS AS AULAS DO C.R.A., O  VENRES 19 DE NOVEMBRO REALIZARASE  NA ESCOLA DE CRUCEIRO  ÁS 18h. UNHA SESIÓN FORMATIVA DIRIXIDA A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA SOBRE

" NUTRICIÓN E HÁBITOS ALIMENTICIOS SAUDABLES "

A ACTIVIDADE, A SEGUNDA DESTAS CARACTERÍSTICAS QUE SE REALIZA, SERÁ NOVAMENTE CONDUCIDA POR GEMMA FERNÁNDEZ, MESTRA E NUTRICIONISTA.

FALANDO DE ALIMENTACIÓN

Membros da comunidade educativa do C.R.A. de Rianxo reuníronse na tarde do venres día 12 de outubro na escola de Rañó ( Leiro ) co obxecto de reflexionar sobre a necesidade de mellorar os nosos hábitos alimenticios, incidindo especialmente na importancia dunha alimentación saudable nos nosos pequenos.

  

O vindeiro venres realizarase unha nova charla na escola do Cruceiro, Taragoña.

MARES DE LIBROS

MEUS AMIGOS, MIÑAS AMIGAS, AQUÍ ESTOU DE NOVO.

SON DANIEL.

DESPOIS DUNS MESES SEN SABER DE NÓS, NESTE MES DE NOVEMBRO DO NOVO CURSO, A BIBLIOTECA DE ASADOS AGÁRDANOS ATEIGADA DE AUGA.

PERO NON TEMADES...

A AUGA DA NOSA BIBLIOTECA ESTÁ EMBALSADA NOS LIBROS E, SÓ Ó ABRILOS DESCUBRIREMOS A SÚA PRESENZA.

AGÁRDANNOS LIBROS DE NUBE, LIBROS DE NEVE, LIBROS DE MARES, MARES DE LIBROS...

VINDE MERGULLARVOS NA BIBLIOTECA! EMPAPÁDEVOS DOS SEUS LIBROS! VINDE NAVEGAR COMIGO NESTE NOSO CLUB DE LECTORES E LECTORAS...

E QUE TEÑAMOS BOA TRAVESÍA!!!

HÁBITOS ALIMENTICIOS SAUDABLES

DENTRO DO PROGRAMA " EDUCACIÓN PARA A SAÚDE " QUE SE ESTÁ A DESENVOLVER EN TODAS AS AULAS DO C.R.A., O VINDEIRO VENRES 12 DE NOVEMBRO REALIZARASE  NA ESCOLA DE RAÑÓ  ÁS 18h. UNHA SESIÓN FORMATIVA DIRIXIDA A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA SOBRE

" NUTRICIÓN E HÁBITOS ALIMENTICIOS SAUDABLES "

A ACTIVIDADE SERÁ CONDUCIDA POR GEMMA FERNÁNDEZ, MESTRA E NUTRICIONISTA

Distribuir contido