2014-2015

Contidos creados no curso escolar 2014-15

AUTORETRATOS AO ESTILO DE FRIDA

 

 

 

 

 

DESPEDIDA DO CURSO

 TRADICIÓN, MÚSICA, PASEO, XOGOS, MERENDA, FAMILIA E AMIGOS.

OS MELLORES INGREDIENTES PARA GOZAR TAMÉN DO REMATE DO CURSO.

A NOSA LÍNGUA NO MUNDO

ANTIGAMENTE, GALIZA E CASE TODO PORTUGAL ERAN UNHA ÚNICA TERRA NA QUE SE FALABA, ESCRIBÍA E CANTABA EN GALEGO.

DENDE PORTUGAL A NOSA LÍNGUA CHEGOU A ÁFRICA, AMÉRICA E ASIA

BO VERÁN!

OS NENOS E NENAS DE PAZO INFANTIL QUEREMOS DESEXARVOS

UN BO VERÁN!

FESTA DE FIN DE CURSO NA TORRE!!!

UN ANO MÁIS, PARA CELEBRAR O REMATE DESTE CURSO E A CHEGADA DAS VACACIÓNS

FOMOS Á PRAIA DA TORRE PARA DESFRUTAR DA DERRADEIRA XORNADA

COS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DAS ESCOLAS DE CRUCEIRO E OUTEIRO.

TAMÉN DEGUSTAMOS UNHA DELICIOSA MERENDA QUE AS NOSAS FAMILIAS NOS TIÑAN PREPARADO.

 

CONVIVENCIA NO CEIP ANA MARÍA DIEGUEZ

O MÉRCORES, 17 REALIZAMOS NO CEIP ANA MARÍA DIEGUEZ UNHA XORNADA DE CONVIVENCIA

CO ALUMNADO DE INFANTIL E 1º E 2º DE PRIMARIA DOS DOUS COLEXIOS.

SAÍDA Á CORUÑA

ESTE XOVES FIXEMOS UNHA SAÍDA Á CORUÑA: VISITAMOS O AQUARIUM FINISTERRAE

E COMEMOS NO PARQUE DE SANTA MARGARITA.

POLA TARDE VISITAMOS O MUNCYT E...VIÑEMOS EN VOLTA EN TREN,

ALGO QUE ESPERÁBAMOS ANSIONSOS!!!

Gratuidade Libros - recollida de vales

Estan dispoñibles os vales correspondentes ao programa de gratuidade de libros de texto.

Poden recollerse na sede do C.R.A. os días 10, 13, 14 e 15 de xullo entre as 10:30 e as 13:30

Rianxo a 9 de xullo de 2015

O equipo directivo

 

CULTIVANDO PATACAS

 COMA OS HABITANTES DOS ANDES, NA ESCOLA QUIXEMOS CULTIVAR O NOSO PROPIO TESOURO DA TERRA

Distribuir contido