2010-2011
Día Mundial do Non Uso de Plaguicidas
CONMEMORAR O 3 DE DECEMBRO COMO O DÍA MUNDIAL DO NON USO DE PLAGUICIDAS, TEN
COMO FINALIDADE FACER UN CHAMAMENTO Á REFLEXIÓN E TOMA DE CONCIENCIA DA POBLACIÓN
MUNDIAL, SOBRE A GRAVE CRISE AMBIENTAL XENERADA POR O USO DOS AGROQUÍMICOS A NIVEL
GLOBAL.
Na escola lembramos este día a través do conto de O BOSQUE ENCANTADO. Aquí vos deixamos o
enlace para que poidades escoitalo dende a casa.
http://dl.dropbox.com/u/30484574/bosque/bosque.html
- APIs de Blogue
ANPA IRMÁNS INSUA EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO
O vindeiro sábado 16 de xullo, terá lugar a excursión de fin de curso que cada ano organiza a ANPA IRMÁNS ÍNSUA.
Un ano máis será ao parque acuatico de Cerceda.
A saida será as 9:00
Prezo por persoa:
Socios máis un acompañante irán gratis
Non socios: nenos/as ata 12 anos: 10 euros, adultos 15 euros.
CONTACTAR CON: Luisa '635 627 081 ou con algún membro da directiva da ANPA
- APIs de Blogue
AS ARQUETAS DA ÍNSUA
NOME: Jairo |
DATA: 15 de xuño do 2011 |
LUGAR: Arquetas da Ínsua |
COMENTARIO A auga nace nun manancial natural no montes, pasa por unha mangueira ata as arquetas que cada unha delas é individual, onde cada veciño ten a súa. Estas mesmas están dentro dunha nave pola que saen varias mangueiras que van cada unha para a casa de cada veciño, para o uso doméstico da mesma.
|
- APIs de Blogue
A FONTE DE CABANES
NOME: Dani |
DATA: 2 de xuño do 2011 |
LUGAR: A fonte de Cabanes |
COMENTARIO É unha fonte moi antiga. Esta fonte foi feita no ano 1941. Antigamente as persoas da aldea ían beber e buscar auga a ela, era moi utilizada polos veciños. Ten dous caños que antes botaban moita auga, agora menos, xa non é tan utilizada.
|
- APIs de Blogue
FONTE DE MEIQUIZ
NOME: Borja García Moares |
DATA: 1 de xuño do 2011 |
LUGAR: Fonte de Meiquiz |
COMENTARIO Esta fonte é moi antiga. Pola beira pasa un río que nace nun lugar ao que lle chaman Río Mouros. Pasa polas aldeas: Or, Meiquiz, Cabanes e desemboca cun lugar ao que lle chaman Río do Mar, que está na aldea de Rial. Ao longo deste río antigamente atopábanse 6 muíños de auga nos que os veciños moían os seus cereais.
|
- APIs de Blogue
O RÍO ULLA
NOME: Helena Alcalde Aguiar |
DATA: 29 de maio do 2011 |
LUGAR: O río Ulla |
COMENTARIO Son fotos do río Ulla dende a aldea dos meus avós ata Leiro. No verán bañámonos no río e os meus pais traballan nel collendo marisco. En leiro é a desembocadura e é navegable ata a altura de Padrón, facendo unha liña imaxinaria dende Abuín (Leiro) ata Cortegada. Alí é onde se divide a auga doce do río e pasa a ser a salgada, considerando xa mar. O río para nós é beneficioso, tanto a nivel económico como a nivel de goce.
|
- APIs de Blogue
DEPURADORA DE LEIRO
NOME: Yeray |
DATA: 22 de maio do 2011 |
LUGAR: A depuradora de Leiro |
COMENTARIO A depuradora de Leiro foi feita en 2010 e inaugurada en 2011. Como se pode observar serve para limpar a auga, aínda que estea tan sucia como se pode observar nas fotos. Tamén pódese observar que ten varios estanques e unha casiña.
|
- APIs de Blogue
MUÍÑO DA BARROSA
NOME: Raúl |
DATA: 8 de maio do 2011 |
LUGAR: Muíño da Barrosa |
COMENTARIO Os muíños da Barrosa son unha paraxe natural. Hai moitos muíños, un deles chamado “Muíño de Abaixo”. É empregado hoxe en día como taberna típica. No monte que rodea aos Muíños da Barrosa hai diversas rutas de senderismo.
|
- APIs de Blogue
ALDEA DA IGLESIA
NOME: Raquel |
DATA: 30 de abril do 2011 |
LUGAR: Aldea da Iglesia |
COMENTARIO Esta fonte foi feita fai moitos anos na aldea da Iglesia, parroquia de Leiro. Está cerca da Iglesia e cando non hai auga no cemiterio vana buscar a ela. Antes os sobrantes da auga aproveitábana para ao brañas e máis para regar os legumes do Cardal.
|
- APIs de Blogue
HERMIDA (ARAÑO), POZO DE BASTÓN
NOME: Samuel |
DATA: 14 de abril do 2011 |
LUGAR: Hermida (Araño), pozo de Bastón |
COMENTARIO O pozo Bastón está no río Te, a uns kilómetros do seu nacemento (Campelo). Antes non era tan coñecido como agora, porque ten unha ruta de andaina con sinales. O río Te, os outros ríos e fontes forman parte de traída da auga dos rianxeiros.
|
- APIs de Blogue