Clube de Ciencia Nautilus
14ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA 23-24: "ROTEIRO CIENTÍFICO AO RÍO TÉ"
Andando, andando... chegamos a derradeira sesión do club de ciencia de este curso. Fixemos un roteiro científico dende a sede do CRA ata as beiras do río Té. Para este día invitamos aos nos@s compañeir@s de 4º de Educación Infantil que gozaron desta experiencia que (si o tempo o permite) levamos a cabo todos os anos no noso club.
Pasamos unha tarde estupenda aprendendo moitas cousas dos ecosistemas fluviais e desfrutamos dunha merenda ao lado do río. A camiñata costounos un pouquiño porque tivemos un día estupendo e facía moita calor, pero compensounos todo o que vimos e poder merendar ao fresquiño nas beiras do río. Vimos un montón de cousas! pero o que máis nos gustou e que tivemos a sorte de ver unha libélula !!
Aquí vos deixamos unha mostra fotográfica desta estupenda tarde:
E ata aquí o club de ciencia 2023-2024 do CRA de Rianxo, que teñades un bo fin de curso e un bo verán. Volveremos en outubro. Miles de bicos e ...ata o curso que ven!
- APIs de Blogue
13ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA 23-24: "EXPERIMENTANDO"
Na sesión do club de ciencia desta semana, convertémonos en químicos por un día e realizamos varios experimentos moi divertidos. Entre outros experimentos, fixemos pasta de dentes para elefantes! Mesturando auga e outros elementos químicos, vimos como a mestura burbullaba e medraba! Aprendemos moitas cousas sobre as reaccións químicas. E tamén usando papel de cociña e filtros de café, debuxamos puntos con rotuladores e ao poñelos en contaco coa auga, vimos como a auga subía polo papel, creando formas e debuxos sorprendentes! Aprendemos sobre a capilaridade e como a auga se move a través dos materiais.
Pasámolo moi ben e aprendemos un montón! Ata a próxima!
- APIs de Blogue
CIENCIA NA ESCOLA: " INVESTIGANDO EN VERDE NA ESCOLA DE ABUÍN"
@s nos@s compañeir@s da escola de Abuín recibiron a maleta científica viaxeira con moita ilusión, aproveitando os recursos que lles ofrecía investigaron e experimentaron un montón. Entre outras cousas fixeron unha investigación científica sobre a función de nutrición das plantas, como realizan a fotosíntese e que é a clorofila e por que é imprescindible para poderen alimentarse.
Tamén aproveitaron para facer un experimento científico moi vistoso relacionado co proceso de nutrición con calas. Utilizando colorantes puideron comprobar como as calas ao alimantarse tinguíanse de diferentes cores.
Noraboa compañeir@s polo voso traballo a por aproveitar os recursos que vos ofrece a maleta científica!
- APIs de Blogue
CIENCIA NA ESCOLA: "LIMPEZA DE PATIO NA ESCOLA DE CRUCEIRO"
@s nos@s compañeir@s da escola Rosalía de Castro de Cruceiro están moi comprometidos co coidado do medio ambiente e que mellor que empezar por coidar os espazos verdes da súa escola. Tod@s sabemos o importante que é coidar a natureza como fonte de vida e o importante que é manter os espazos naturais limpos e coidados tanto pola preservación do medio natural como por seren espazos para gozar do tempo de lecer. De todo isto son moi conscientes na escola de Rosalía polo que decidiron facer unha limpeza do patio da escola:
Traballaron un montón para que todo quedara perfecto. Moi ben polo voso traballo compañeir@s!
Ata a próxima!
- APIs de Blogue
CIENCIA NA ESCOLA 23-24: " EXPERIMENTANDO COA MALETA CIENTÍFICA NA ESCOLA DE RAÑÓ"
A maleta científica viaxeira chegou a escola de Rañó cargadiña de materiais moi interesantes aos que non temos acceso todos os días. @s nos@s compañeir@s aproveitaron para aprender e experimentar con estes materiais, e quixeron compartir con nós este proxecto onde experimentaron cas cores.
Que chulo! E parece moi divertido! Noraboa compañeir@s é xenial ver como lle sacades partido a maleta científica!
Ata a próxima!
- APIs de Blogue
CIENCIA NA ESCOLA 23-24: "ESTUDANDO OS FÓSILES NA ESCOLA DE CAPELA"
Dentro do P.D.I. " A Orixe" que estamos a desenvolver este curso no noso centro, @s nos@s compañeir@s de Capela Primaria na súa viaxe a través do tempo investigando a orixe da vida no noso planeta, tiveron a oportunidade de traballar con réplicas de fósiles.
Deste xeito é máis doado imaxinar, dun xeito científico, como eran e como vivían estas criaturas primitivas que habitaban o noso planeta fai centos de millóns de anos.
Ata a próxima!
- APIs de Blogue
CIENCIA NA ESCOLA 23-24: "COS CINCO SENTIDOS NA ESCOLA DE ABUÍN"
@s nos@s compañeir@s de Abuín levaron a cabo na súa escola un proxecto científico sobre os cinco sentidos: vista, olfato, gusto, oído e tacto. A través de diversos experimentos puideron coñecer de xeito práctico as características dos nosos sentidos. Aprenderon un montón de cousas e tamén aprenderon e experimentaron a cerca do sentido estereognóstico: tacto sen vista.
Excelente proxecto, noraboa compañeir@s!
- APIs de Blogue
CIENCIA NA ESCOLA 23-24: "DESCUBRINDO UN NIÑO NA ESCOLA DE CRUCEIRO"
@s nos@s compañeir@s da Escola Rosalía de Castro de Cruceiro atoparon un niño auténtico feito por paxaros! Puideron examinalo na clase para ver como estaba construido e que materiais empregaron para facelo e aproveitaron para investigar dende o punto de vista científico o ciclo de vida dos paxaros.
Pasárono xenial e aprenderon un montón!
Ata a próxima!
- APIs de Blogue
CIENCIA NA ESCOLA 23-24: "OBRADOIRO DE ELECTRICIDADE NA ESCOLA DE RAÑÓ"
@s nos@s compañeir@s de Rañó aprenderon un montón sobre a electricidade gracias a Marcos, o pai da nosa compañeira Clara que lles fixo un obradoiro científico-práctico sobre como é a conducción da electricidade, pasárono xenial e aprenderon un montón!
Moitas grazas Marcos!
- APIs de Blogue
CIENCIA NA ESCOLA 23-24: "PROXECTO VERMES DE SEDA CON I.A. NA ESCOLA DE CAPELA"
Ola a todos e a todas,
os nosos compañeiros e compañeiras de Capela están a desenvolver xunto cos seus compañeiros e compañeiras de infantil un proxecto sobre os vermes de seda e decidiron, axudándose da Intelixencia Artificial crear unha presentación sobre o ciclo de vida destes animais. Utilizaron unha aplicación chamada Gamma, que lles permitiu crear unha presentación dinámica e educativa. Nesta actividade, os nenos e nenas plasmaron o que aprenderon sobre o ciclo de vida dos vermes e como utilizar a I.A. de maneira creativa e responsable no proceso educativo. Baixo a guía das profes Celia e María, exploraron as funcionalidades de Gamma e decidiron que contido incluír na presentación.
Traballaron en equipo para seleccionar as mellores imaxes e con axuda das profes redactaron o texto de cada diapositiva, asegurándose de transmitir de maneira clara e concisa a información sobre o ciclo de vida dos vermes de seda.
Unha vez completada a presentación quixeron compartila con todos nós. Clicando na imaxe de abaixo podes entrar na presentación, unha vez dentro clicar en "presentar" e pulsando nas frechas do teu teclado poderás avanzar para ver todas as diapositivas que fixeron.
Foi unha experiencia enriquecedora que demostrou como a combinación da tecnoloxía e o aprendizaxe colaborativo pode xerar resultados sorprendentes! @s nos@s compañeiros seguen a investigar o proceso de vida dos vermes (ou.... deberíamos dicir eirugas ou larvas? Ahí o deixamos) que teñen na escola, que acaban de eclosionar e están engordando rápidamente comendo das saborosas follas de moreira que lles gustan tanto. Aquí vos deixamos unhas fotos de como van os "vermes" de Capela:
Ata á proxima!
- APIs de Blogue