Clube de Ciencia Nautilus
Conxunto de recursos relacionados co Clube de Ciencia.
Maxia ou ciencia
CIENCIA OU MAXIA
Mercores 31 de xaneiro
Hoxe comezaron as actividades do Clube de Ciencia Nautilus. Despois da visita de David e de María polas escolas do C.R.A. a semana pasada, hoxe comezamos a experimentar no Clube. Están inscritas no Clube 34 nenas e nenos, polo que María e Tobías lle explicaron ás familias que para que o Clube sexa auténticamente científico hai que facer dous grupos, pois tantos nenos e nenas non poden traballar ben no laboratorio.
Hoxe fixemos experimentos científicos que semellaban maxia, foron increibles, aquí podedes ver algunhas fotos e mirar vos se son cousas de ciencia ou de maxia:
IMAXES DE CIENCIA OU DE MAXIA
Un experimento con xeo seco, así se chamaba? | David será capaz de encender a vela a distancia? |
Rebotará mais o balón ou a pelota? | Dentro do tubo hai levaduras. Que son? Porque sube o que hai dentro do tubo?? |
Porque non caerá o bote de refresco? | Quimarase a man de David? e que pasará se achegamos o globo ao lume? |
Que lle pasaba aos tubiños de papel cando ardían. | Seguirá medrando a burburulla aínda? |
»
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16